Esta é a nosa caixa de agasallo máis especial xa que contén unha selección de produtos que forman parte da historia de Fina Rei.
A Xenia de froitas e flores, unha caixa de bombóns de madeira de castiñeiro, con certificación de procedencia de montes sostibles, está gravada coa mensaxe “Bo Nadal”. Inclúe un variado de bombóns de praliné de améndoa, gianduja de canela, caramelo de albaricoque con flores e trufa branca de froita da paixón.
Os turróns que se engaden son galegos, dous dos nosos favoritos en Fina Rei: turrón de cava e limón, con interior de trufa negra de cava e tropezóns de limón e unha exquisita envoltura de chocolate negro, e turrón Acisclo, réplica dunha escultura de Acisclo Manzano con chocolate negro, recheo de gianduja de café e doce de leite, decorado en bronce con pincel á man. Podes escoller outro turrón que non sexa o de cava e limón. Cóntanos cal prefires nas “notas sobre o pedido” no proceso de compra.
Neste conxunto de doces tamén hai un surtido de galletas de nata, de nata e framboesa e de nata e laranxa de Fina Rei, que contan con certificado ecolóxico. Unha receita tradicional cun toque innovador ao engadir améndoa para potenciar e refinar o sabor. O envase é 100% biodegradable e pode ser reutilizado como maceta soterrable. Inclúe ademais un sobre con sementes.
Para este lote especial escollemos o estoxo de músicos, bombóns que combinan os tres tipos de chocolate con froitos secos, froitas e flores, e o estoxo de rochas; tres tipos de chocolates combinados con améndoa acaramelada.
Non podían faltar os doces tradicionais de Allariz. O estoxo de Amendoados de Allariz, de sabor delicado e que se caracterizan por ser crocantes por fóra e tenros por dentro. É un dos doces máis típicos da repostaría galega e o máis popular da repostaría allaricense. Típica de Allariz tamén é a Torta Real, que posúe un intenso sabor a améndoa.
O bo facer de Fina Rei
En Fina Rei levamos máis de 50 anos a converter materias primas de primeira calidade en delicias da repostería artesá para levar os sabores máis exquisitos e exclusivos ata a túa mesa e que os poidas degustar cos teus seres queridos.
Consulta os ingredientes e alérxenos na ficha de cada produto.
ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.