Acceder

Caixa turrón artesanal galego

Desde: 70,00 

Unha caixa de turróns de autor, feitos en Galicia para celebrar a maxia do Nadal con sabores exquisitos.

Ti escolles entre unha caixa que inclúe os nosos cinco sabores (café e doce de leite, cava e limón, laranxa e canela, Amendoado de Allariz e marrón glacé) ou unha caixa con tres destes sabores (cava e limón, café e doce de leite e laranxa e canela).

Un agasallo delicioso, envolto de calidade e sabor, que fará que as túas festas sexan aínda máis especiais. Os turróns envíanse nunha caixa metálica presentados para agasallar.

Queres saber máis?

Esta selección de turróns feitos no obradoiro de Fina Rei en Allariz, está elaborada de maneira tradicional, con produtos de primeira calidade para que podas degustar os sabores máis exquisitos. Os nosos turróns non levan colorantes artificiais, conservantes nin aditivos, só ingredientes naturais para acadar ese sabor tan distinguido.

A vangarda dos turróns

En Fina Rei cremos firmemente na importancia de manter viva a tradición mentres incorporamos un toque de innovación, sempre co compromiso de ofrecer a máis alta calidade. Deste xeito inspirámonos para elaborar os nosos turróns, un doce que só facemos na época de Nadal.

Nesta deliciosa caixa agasallo de turrón artesanal galego poderás atopar, segundo a túa selección:

  • Turrón de café e doce de leite. É un turrón de pasta de abelá crocante con café e doce de leite, rematado cun saboroso baño de chocolate con leite. Está acabado con escritura manual de chocolates branco e negro.
  • Turrón de cava e limón. É o resultado da mestura entre a trufa negra de cava, os tropezóns de limón e o chocolate negro. Está decorado con letras de chocolate pintadas con pincel en prata azul.
  • Turrón de laranxa e canela. É un intenso turrón de abelá e canela con laranxa, bañado en chocolate con leite. Está rematado con escritura manual en chocolate e pintado con pincel en bronce.
  • Turrón de Amendoado de Allariz. Turrón con corazón amendoado, protexido con tres capas de exquisitas envolturas: trufa, mazapán e cobertura de chocolate.
  • Turrón de marrón glacé. É un turrón de autor, con corazón de marrón glacé de primeira calidade, envolto en crema de améndoa con Brandy e mazapán.

O bo facer de Fina Rei

En Fina Rei levamos máis de 50 anos a converter materias primas de primeira calidade en delicias da repostería artesá para levar os sabores máis exquisitos e exclusivos ata a túa mesa e que os poidas degustar cos teus seres queridos.

Consulta os ingredientes e alérxenos de cada turrón na ficha de cada produto.

ENVÍO: Esta selección de turróns, enviámola nunha caixa metálica preparada para agasallar e enviámola no teu nome ao enderezo que nos indiques. Todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Caixa turrón artesanal galego”