Acceder

Sostibilidade

Fina Rei quere continuar o seu camiño facendo unha aposta firme pola sostibilidade. Devagar, pouco a pouco, igual que elaboramos os nosos produtos.

Queremos dar pasos no camiño da sostibilidade atendendo as nosas necesidades e valores e facendo todo o que estea nas nosas mans.

Creamos produtos adaptados ao futuro, que respectan o medio ambiente. Reducimos os plásticos que usamos nos envases. Convertemos unha receita tradicional en produto ecolóxico; as Galletas de nata ecolóxicas.

Un produto que inclúe un envase biodegradable e reutilizable, que se transforma en maceta soterrable para a que incluímos sementes de distintas plantas.

Queremos reducir a pegada de carbono. Instalamos placas solares no noso obradoiro de Allariz e instalamos iluminación eficiente no obradoiro e nas tendas de Ourense e Allariz.

Por último, sempre soubemos que Fina Rei está nas mans das nosas traballadoras e traballadores.

Agradecemos o seu esforzo e respectamos o seu traballo.

Recentemente, implantamos un convenio de conciliación familiar que busca ofrecer unhas condicións xustas e adaptadas ás necesidades de cada familia.