Acceder

Preguntas frecuentes

Para pedidos realizados antes das 16:00 horas, o prazo de entrega en condicións normais é de 48-72 horas. Para garantir a frescura e calidade do produto, o prazo pode variar lixeiramente.

Por este motivo, non realizamos envíos os venres; o sábado e o domingo non se realizan entregas e o produto non chegaría ata a semana seguinte.

Para envíos a Galicia os gastos de envío son de 3,5€. Para o resto da Península Ibérica son de 7€. Para pedidos superiores a 30€, os gastos de envío son gratuítos.

Se se solicita recollida en tenda (na tenda de Allariz) o envío tamén é gratuíto.

Salvo que o produto chegue en mal estado, Fina Rei non acepta cambios nin devolucións dos seus produtos debido á súa natureza perecedoira.

Se se detecta algún problema no envío, debe poñerse en contacto con Fina Rei no teléfono 988 440 416.

Fina Rei aceptará cancelacións sen cargo para pedidos que se anulen con 24 horas de antelación respecto á data prevista de entrega. A empresa non se compromete a admitir solicitudes fóra de prazo.

Se o produto aínda non foi enviado, aínda que o prazo estea vencido, pode atenderse a solicitude.

Para cancelacións pódese contactar con info@finarrei.com ou o teléfono 988 440 416, indicando nome completo e número de pedido.

Calquera contratempo que poida ter non dubide en poñerse en contacto connosco por correo electrónico: info@finarrei.com ou chamando o 988 440 416 no noso horario de atención ao cliente: días laborables de luns a venres de 09:00-13:30h e 16:00-17:30h.

Existe a posibilidade de modificar a data de entrega do pedido estipulada polo sistema segundo as condicións antes indicadas durante o prazo dun 1 mes a partir da compra.

Deste xeito, o comprador ten a posibilidade de recibir a súa compra nunha data en concreto (Ex: aniversario, Nadal, Reis, etc.).

Para isto, pódese contactar con Fina Rei no correo info@finarrei.com ou chamando o 988 440 416 no noso horario de atención ao cliente: días laborables de luns a venres de 09:00-13:30h e 16:00-17:30h.