Acceder

Caixa agasallo Chocolatísimo

61,00 

A Caixa agasallo Chocolatísimo é un agasallo exquisito e tentador, especialmente para as persoas amantes do chocolate e das creacións reposteiras especiais e únicas.

Nela combinamos a artesanía dos bombóns tradicionais e as creacións innovadoras de Fina Rei:

  • Rochas de tres chocolates.
  • Turrón Acisclo.
  • Ostras de chocolate.

Os tres produtos preséntanse nunha coidada caixa metálica, o que os convirte nun agasallo perfecto, que podemos enviar no teu nome ao enderezo que nos indiques.

Hai existencias

Queres saber máis?

Nesta Caixa agasallo Cholatísimo podes atopar a tradición e a innovación de Fina Rei. Fusionamos o sabor tradicional do chocolate coas nosas creacións únicas. Cada bocado desta caixa é unha homenaxe á artesanía e á dedicación no oficio reposteiro, que se mantén en Fina Rei ao longo dos anos.

Esta Caixa agasallo Chocolatísimo contén:

  • Rochas de tres chocolates. Tres crocantes variedades de bombóns artesanais que combinan o pauciño de améndoa acaramelada con tres coberturas distintas de chocolate: negro, con leite e chocolate branco.
  • Turrón Acisclo. Conquista o ollo e namora o padal. Un turrón orixinal, réplica dunha escultura de Acisclo Manzano, escultor ourensán. Elaborado con fino chocolate negro, recheo de gianduja de café e doce de leite, decorado en bronce con pincel.
  • Ostras de chocolate. Inspirado na beleza das nosas rías, este produto preséntase con catro ostras de puro chocolate bañado en viño albariño e debaixo da súa perla ambarina un recheo de crema de amendoado, Brandy e viño albariño.

Deseños e coidados exquisitos para creacións artesanais únicas dentro da Caixa agasallo Chocolatísimo.

O bo facer de Fina Rei

En Fina Rei levamos máis de 50 anos a converter materias primas de primeira calidade en delicias da repostería artesá para levar os sabores máis exquisitos e exclusivos ata a túa mesa e que os poidas degustar cos teus seres queridos.

Consulta os ingredientes e alérxenos na ficha de cada produto.

ENVÍO: Esta caixa agasallo envíase nunha caixa de metal reutilizable. Todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Caixa agasallo Chocolatísimo”