Acceder

Estoxo de músicos

15,00 

A experiencia máis doce para compartir, agasallar e degustar.

Chocolate negro, chocolate con leite e chocolate branco combinados en perfecta harmonía con froitos secos, froitas e flores para unha experiencia que conquista o ollo e namora o padal.

Destapa o estoxo para gozar dun concerto de sensacións composto para os cinco sentidos.

25 bombóns.

Hai existencias

Queres saber máis?

O estoxo de músicos de bombóns orixinais Fina Rei é o resultado dunha refinada escolla de produtos de primeira calidade para conseguir os sabores intensos que converten cada bocado nunha exquisita experiencia.

Tres saborosas variedades de bombóns orixinais

Os bombóns de chocolate negro combinan crocantes améndoas e anacardios para acadar unha textura única e o punto perfecto de amargor que, xunto coa cereixa e a flor de menta, conseguen incorporar notas de delicada dozura e frescor para que goces dun festival de sensacións.

Nos bombóns de chocolate con leite encontrarás a deliciosa mestura da améndoa e a abelá acompañadas de arandos e flor de rosa: unha sinfonía de texturas e sabores que degustarás en cada bocado.

Os bombóns de chocolate branco harmonizan exquisitas améndoas e pistachos co saboroso mango e a flor de violeta para deleitar o teu padal coma unha serenata nunha cálida noite de verán.

Desfruta do concerto de sabores e texturas que encontrarás neste estoxo de músicos de bombóns orixinais Fina Rei e déixate sorprender.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis de 50 anos a crear doces orixinais con produtos de calidade superior para que desfrutes de todo o sabor que ofrece a nosa repostería artesanal sen colorantes artificiais, conservantes nin aditivos.

E precisamente para manter viva esa tradición e cultura gastronómica que nos caracteriza, coidamos o medio e preocupámonos por manter o emprego no noso entorno rural, para que poidas gozar dos momentos que che traen os nosos deliciosos produtos durante moitos anos máis.

INGREDIENTES: cobertura chocolate 70% cacao***, cobertura chocolate con leite 40% cacao**, cobertura de chocolate branco 31% cacao*, améndoa, abelá, anacardo, pistacho, cereixa, arando, mango, flor de menta, flor de rosa, flor de violeta.

* Cobertura chocolate 31% cacao (azucre, crema de cacao, leite descremado en pó, manteiga anhidra, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

** Cobertura de chocolate 40% cacao (azucre, crema de caco, leite en pó, pasta de cacao, leite descremado en pó, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

*** Cobertura de chocolate 70% cacao (pasta de cacao , azucre, crema de cacao, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, soia.

PESO: 350 g.

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Estoxo de músicos”