Política de inocuidade dos alimentos
FINARREI é unha empresa familiar que se dedica á elaboración artesanal de produtos de repostería baseados en receitas tradicionais.
A organización enfoca o Sistema Integrado de Xestión da Inocuidade Alimentaria como unha ferramenta para mellorar o funcionamento da empresa e, con iso, dar cumprimento aos requisitos dos seus clientes, minimizando os posibles impactos á seguridade alimentaria que puidesen xerar.
En FINARREI considéranse como principios básicos a xestión da calidade e a inocuidade dos produtos, a realización das actividades cun alto nivel de calidade de produto que permita asegurar a obtención duns resultados de acordo cos requisitos de inocuidade dos alimentos aplicables, incluídos os requisitos legais e requirimentos que lle son de aplicación, así como outros requisitos mutuamente acordados cos clientes asegurando a inocuidade dos produtos.
Ao implantar este Sistema de xestión da Inocuidade Alimentaria, FINARREI comprométese a:
- Traballar de acordo ao Sistema de Xestión de Inocuidade Alimentaria, de acordo á Norma ISO 22000:20018 implantada na organización, e de mellora continua do comportamento e a eficacia do sistema de Xestión da Inocuidade Alimentaria.
- Formar e informar a todo o persoal da organización co fin de conseguir un alto nivel de inocuidade, mediante a familiarización coa documentación do Sistema de Xestión da Inocuidade Alimentaria.
- Cumprir cos requisitos legais e regulamentarios aplicables, así como con outros requisitos que a empresa subscriba.
- Cumprir coas necesidades e requisitos dos nosos clientes, ofrecéndolles produtos e/ou servizos de calidade, para lograr a súa máxima satisfacción.
- Establecer e revisar regularmente obxectivos e metas acordes cos compromisos asumidos nesta declaración.
- A participación de todo o persoal da organización, incluída a directiva, na consecución desta política.
A presente política de inocuidade alimentaria é comunicada e entendida polos membros da nosa organización e revisada periodicamente pola dirección para a súa continua adecuación, aspirando a ser unha organización recoñecida pola súa calidade e compromiso.
Xerencia
Allariz, 1 de decembro de 2020