Acceder

Xenia de froitas e flores

45,00 

Creamos un produto único para agasallar nunha data especial ou para desfrutar e deleitarse.

Un estoxo con cinco variedades de bombóns artesáns, elaborados con mimo e cunha combinación de sabores exquisita. Escolle entre as variantes “Larpeiro, “Flor” ou “Bo Nadal”.

A caixa que garda estas delicias está feita con madeira de castiñeiro, que ten certificada a súa procedencia de montes sostibles.

Queres saber máis?

Unha elegante caixa de madeira para uns bombóns exquisitos e únicos, elaborados de forma artesanal no obradoiro de Fina Rei en Allariz. Unha experiencia para o padar en cinco golpes de sabor que evocan o paseo por un xardín na primavera.

A palabra “xenia”, en grego e latín está relacionada coa hospitalidade, cos agasallos e coa vontade de agasallar aos convidados ou convidadas.

Delicados bombóns artesáns

Esta caixa de bombóns é un convite a un paseo por un xardín cando chega a primavera co seu colorido, enchendo todo de vida e alegría.

Un percorrido con cinco paradas, unha por cada tipo de bombón que compoñen esta paisaxe:

  • Bombón de caramelo de albaricoque. Cobertura de chocolate con leite 40%**, chocolate negro 71%***, puré de albaricoque, azucre, nata, glucosa e flores frescas.
  • Bombón de praliné de améndoa e brandy. Cobertura de chocolate con leite 40%**, chocolate negro 71%***, manteiga de cacao, nata, glucosa e brandy.
  • Bombón de café. Abelá, cobertura de chocolate con leite 40%**, chocolate negro 71%***, azucre, manteiga de cacao e café.
  • Bombón de froita da paixón. Cobertura de chocolate branco 31%*, froita da paixón, glucosa, azucre invertido e manteiga de cacao.
  • Bombón de doce de leite. Cobertura chocolate con leite 40%**, doce de leite, cobertura de chocolate branco 31%*** e glucosa.

Abre esta caixa de bombóns e déixate inspirar por este xardín con aromas e sabores exquisitos.

Uns bombóns únicos, precisan unha caixa única, por iso deseñamos un estuche de madeira de castiñeiro cun debuxo gravado na parte superior. Se queres que personalicemos este estuche para ti, ponte contacto con nós.

A madeira que empregamos para a súa elaboración procede de montes sostibles, compensando na medida do posible a nosa pegada ecolóxica e colaborando para coidar o medio e a natureza.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis 50 anos creando repostería desde Allariz, innovando para crear doces e bombóns exquisitos e únicos. No noso obrador utilizamos só ingredientes naturais de gran calidade, sen conservantes, colorantes artificiais ou aditivos.

INGREDIENTES: Consultar na descrición os ingredientes de cada bombón.

* Cobertura chocolate 31% cacao (azucre, crema de cacao, leite descremado en pó, manteiga anhidra, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

** Cobertura de chocolate 40% cacao (azucre, crema de caco, leite en pó, pasta de cacao, leite descremado en pó, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

*** Cobertura de chocolate 70% cacao (pasta de cacao , azucre, crema de cacao, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, sulfitos, soia

PESO: 500 g. de bombóns. Peso total 850 g.

CADUCIDADE: 3 meses desde a recepción do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Xenia de froitas e flores”