O estoxo de bombóns rochas Fina Rei é o resultado dunha refinada escolla de produtos de primeira calidade para conseguir o seu característico sabor e a súa crocante textura.
Tres crocantes variedades de bombóns artesanais
Neste estoxo encontrarás tres variedades de bombóns que combinan o pauciño de améndoa acaramelada con tres coberturas distintas de chocolate: chocolate negro ao 70 % de cacao, chocolate con leite ao 45 % de cacao e chocolate branco. Un pracer para os sentidos que non quererás deixar de degustar.
Sente como se funde lentamente o chocolate na túa boca para dar paso á crocante améndoa acaramelada e goza da danza de exquisitos sabores. Este producto elabórase sobre pedido, para que chegue crocante á túa casa e no momento óptimo de consumo.
O bo facer de Fina Rei
Levamos máis de 50 anos a crear repostería artesá de maneira tradicional, a coidar cada detalle do proceso de elaboración con delicadeza e a escoller materias primas de calidade superior para que goces do exquisito sabor que ofrecen os nosos produtos.
En Fina Rei elaboramos os nosos bombóns sen colorantes artificiais, conservantes nin aditivos. Un mundo de sabores 100% naturais.
INGREDIENTES: cobertura chocolate 70% cacao***, cobertura chocolate con leite 40% cacao**, cobertura chocolate branco 31% cacao*, améndoa.
* Cobertura chocolate 31% cacao (azucre, crema de cacao, leite descremado en pó, manteiga anhidra, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).
** Cobertura de chocolate 40% cacao (azucre, crema de caco, leite en pó, pasta de cacao, leite descremado en pó, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).
*** Cobertura de chocolate 70% cacao (pasta de cacao , azucre, crema de cacao, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).
ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, soia.
PESO: 350 g.
CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.
ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.
AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.