Ao teu gusto
En Fina Rei traballamos todos os días para crear produtos que sorprendan pola súa calidade e sabor. Produtos que pertencen á repostería tradicional de Allariz e Ourense e que nacen da inspiración dos artesáns e das artesás reposteiras que traballaron e traballan no noso obradoiro.
Pero, sobre todo, en Fina Rei queremos escoitar e responder co noso traballo as vosas expectativas e necesidades.
Facemos produtos a medida como a caixa de madeira con variado de bombóns artesanais que podedes personalizar coa palabra, frase ou logotipo que vós queirades. Unha caixa de madeira de castiñeiro con certificado de orixe de montes sostibles que inclúe bombóns de cinco sabores diferentes: caramelo e albaricoque, praliné de améndoa e brandy, café, froita da paixón e doce de leite.
Ademais podemos crear unha caixa cos produtos de Fina Rei que vós escollades. Nós xa temos caixas para os amantes da repostería tradicional, do chocolate ou dos turróns. Pero queremos que sexades vós quen escolledes os produtos e a mensaxe que queredes compartir.
Os nosos produtos a medida están pensados para particulares e para empresas. Que vos gustaría recibir ou agasallar?