O amendoado tradicional que elaboramos en Fina Rei segue a receita tradicional dun dos doces máis típicos da repostaría de Galicia e probablemente o máis recoñecido da repostaría alaricana.
O doce máis recoñecido da repostería de Allariz
Crese que a receta tradicional deste doce é de orixe hebrea, xa que en Allariz existiu na idade media un importante asentamento deste pobo. Xeración a xeración, mantívose intacta ata a actualidade tanto a súa receita coma o seu proceso de elaboración manual.
No noso obradoiro recollemos esa receita e continuamos a elaborar os amendoados de maneira artesá e con produtos de primeira calidade, sen colorantes artificiais, conservantes nin aditivos. Deste xeito conseguimos un amendoado con todo o seu sabor.
Este exquisito amendoado tradicional combina a saborosa améndoa marcona coa clara de ovo e o azucre e consegue trasladar ao teu padal toda a historia que caracteriza estes distinguidos doces.
Os nosos amendoados elabóranse sobre pedido, para achegar á túa casa este doce no mellor momento de consumo.
Na nosa tenda online tamén podes atopar amendoados de Allariz a granel.
O bo facer de Fina Rei
Levamos máis de 50 anos a crear doces artesanais e a coidar da tradición reposteira con receitas coma a do Amendoado de Allariz, que queremos que se continúe a transmitir de xeración en xeración.
INGREDIENTES: améndoa, azucre, clara de ovo, oblea.
ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, glute, ovo.
PESO: 150 g.
CADUCIDADE: 5 meses desde a elaboración do produto.
ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.
AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.