En Fina Rei elaboramos turróns de autor, completamente artesanais e cunha selección de ingredientes de altísima calidade. Así conseguimos sabores moi especiais, sen engadir colorantes artificiais nin conservantes.
O turrón de autor galego
O Turrón de Amendoado é un saboroso turrón cun corazón de amendoado artesanal e unha triple capa de envoltura. O interior de amendoado descansa nunha envoltura de exquisita trufa aromatizada con herbas. A continuación, unha capa de mazapán para unha segunda envoltura e rematamos este turrón de autor cunha cobertura de chocolate con leite. Na súa presentación final, unhas letras escritas a man en ouro.
Este turrón é unha boa forma de gozar dun doce tradicional da vila de Allariz cun concepto innovador, pero conservando a súa esencia no interior.
Para desfrutar ao máximo de todos os sabores que encerra este turrón, a nosa recomendación é servilo en anacos que teñan como máximo medio centímetro de grosor.
O bo facer de Fina Rei
Levamos máis de 50 anos a traballar a repostería de maneira artesanal e innovando para que degustes os sabores máis exquisitos, os que saen do noso obradoiro. A nosa fórmula para conseguilo: unha coidadosa selección de ingredientes.
INGREDIENTES: améndoas, clara de ovo, azucre, cobertura de chocolate con leite 40%**, cobertura de chocolate negro 71%***, nata líquida, licor de herbas (33% vol.).
*** Cobertura de chocolate negro 71% (pasta de cacao , azucre, manteiga de cacao, emulxente (lecitina de soia), aroma natural de vainilla).
** Cobertura de chocolate con leite 40% (azucre, manteiga de cacao, leite en pó, pasta de cacao, leite descremado en pó, emulxente (lecitina de soia), aroma natural de vainilla).
ALÉRXENOS: améndoa, clara de ovo, leite, soia.
PESO: 500 g.
CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.
ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse baixo pedido e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.
AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.