O turrón artesán de laranxa e canela Fina Rei está elaborado de maneira tradicional con produtos naturais de gran calidade para que degustes todo o seu sabor sen colorantes artificiais, conservantes nin aditivos.
Un turrón artesán de cálido aroma
Este delicioso turrón artesán combina un doce interior de crocante de abelá, canela e laranxa que recende a Nadal. Momentos exquisitos con cada bocado.
No seu exterior un baño en chocolate con leite e unha decoración con escritura manual en chocolate pintado con pincel de bronce. No seu delicioso interior, sabores envolventes para que desfrutes desta mestura de texturas da repostería artesanal.
Recomendamos cortar o noso turrón artesán en anacos cun grosor máximo de medio centímetro para poder gozar dos diferentes matices.
Degusta este delicioso turrón artesán de canela e laranxa estas festas e vive o Nadal a todo sabor con cada bocado.
O bo facer de Fina Rei
En Fina Rei levamos máis de 50 anos a crear produtos orixinais de maneira tradicional, coidando cada detalle do proceso de elaboración para que degustes todo o sabor dos produtos naturais de primeira calidade que empregamos e goces dos momentos únicos que che ofrecen os nosos exquisitos doces.
INGREDIENTES: abelá, azucres, cobertura de chocolate con leite 40% cacao**, cobertura de chocolate negro 70% cacao*, fariña de trigo, manteiga, laranxa, canela.
** Cobertura de chocolate 40% cacao (azucre, crema de caco, leite en pó, pasta de cacao, leite descremado en pó, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).
*** Cobertura de chocolate 70% cacao (pasta de cacao , azucre, crema de cacao, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).
ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, glute, soia, sulfitos.
PESO: 500 g.
CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.
ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.
AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.