Acceder

Turrón de marrón glacé

20,00 

A exclusividade do auténtico marron glacé.

Degusta este saboroso turrón orixinal de exquisito marron glacé envolto en crema de améndoa con Brandy e mazapán.

Unha delicia da repostería que quererás probar pola súa suave textura e devecerás polo seu intenso sabor. Converterase no teu doce favorito destas festas!

Hai existencias

Queres saber máis?

O turrón orixinal de marron glacé Fina Rei está elaborado de maneira artesanal con produtos de primeira calidade para que o sabor sexa o protagonista da nosa repostería tradicional. Por iso non empregamos colorantes artificiais, conservantes nin aditivos nos nosos doces e respostería.

Un turrón innovador e equilibrado

Este exquisito turrón orixinal ten un corazón de auténtico marron glacé, un doce de gran tradición elaborado con castañas confeitadas. Unha delicia exclusiva que segue unha minuciosa preparación para conseguir o seu intenso sabor.

No seu exterior, este turrón combina unha delicada crema de améndoa con Brandy e mazapán para conseguir a súa característica textura suave e os seus vivos sabores que se complementan en perfecta harmonía. Está decorado con letras de chocolate pintadas con pincel en bronce, o que o converte non só nunha delicia, senón tamén nunha obra de arte da repostería artesanal.

Réndete a este exquisito turrón orixinal de marron glacé e deixa que o seu característico sabor inunde o teu padal. Para saborealo en todos os seus matices, recomendamos cortalo en anacos de máximo medio centímetro de grosor.

O bo facer de Fina Rei

En Fina Rei levamos máis de 50 anos a crear produtos orixinais que combinan a tradición da repostería artesanal coa innovación, para así ofrecerche os sabores auténticos da nosa terra a partir de materias primas de gran calidade. Nas nosas elaboracións empregamos produtos naturais, sen conservantes, colorantes nin aromas artificiais.

INGREDIENTES: améndoa, azucres, castaña, nata, manteiga de cacao, brandy (40% vol.), cobertura de chocolate negro 70% cacao***.

*** Cobertura de chocolate 70% cacao (pasta de cacao , azucre, crema de cacao, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, sulfitos, soia.

PESO: 500 g.

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Turrón de marrón glacé”