Acceder

Lousa de bombóns

27,50 

O agasallo que namorará ata os padais máis esixentes!

Unha exquisita variedade de bombóns artesáns con crocante améndoa, trufa con licor de herbas tradicional e deliciosos bombóns músicos, con chocolate e froitos secos. Goza da sensación do chocolate derretendo lentamente na túa boca mentres degustas toda a intensidade dos seus distinguidos sabores.

A lousa que empregamos é un produto 100% natural, da montaña de Valdeorras, e reutilizable. Recibe un tratamento adecuado para o seu uso con alimentos. Pode ir ao lavalouza e pode usarse en fornos e microondas se non se superan os 110º.

40 bombóns.

Hai existencias

Queres saber máis?

A lousa de bombóns artesáns Fina Rei é o resultado dun coidado proceso de elaboración artesanal combinado coa minuciosa escolla de materias primas de gran calidade para ofrecerche unha experiencia gastronómica con moitos matices de sabor.

Tres variedades de bombóns artesáns para que degustes

A roca de améndoa acaramelada combínase cunha selección de coberturas de chocolate negro ao 70 % de cacao, de chocolate con leite ou chocolate branco para que desfrutes a máxima frescura do froito seco e do chocolate e experimentes todo o seu aroma e intenso sabor.

A trufa de licor de herbas componse dun corazón de delicada e fresquísima trufa de chocolate negro que harmonizamos con licor de herbas elaborado de maneira tradicional na vila de Allariz e que incorpora máis de 20 herbas diferentes na súa selecta receita. Envolvemos este suculento interior nunha cobertura de cacao amargo para que goces da súa explosión de sabor no teu padal.

Os bombóns músicos compóñense de chocolate negro ao 70 % de cacao, de chocolate con leite ou chocolate branco acompañado de notas de laranxa, améndoa, noz ou framboesa para que experimentes toda unha sinfonía de sabores.

Deléitate con esta exquisita variedade de bombóns artesáns Fina Rei coidadosamente seleccionados para conquistar ata os padais máis esixentes.

A lousa da nosa “Lousa de bombóns” é un produto natural extraído da montaña de Valdeorras. Recibe un tratamento adecuado para o seu uso con alimentos, polo que podedes aproveitala para as vosas ceas en familia ou con amigos. Pode meterse no lavalouza e en fornos e microondas sen superar os 110º. Se non ides reutilizala, agradecemos que nola devolvades para darlles unha segunda vida.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis de 50 anos traballando para traerche unha repostería artesá elaborada con produtos tradicionais de gran calidade que conseguen converter exquisitos sabores en experiencias únicas.

INGREDIENTES: cobertura de chocolate 70%***, cobertura chocolate con leite 40% cacao**, cobertura chocolate branco 31% cacao*, nata, azucre, licor de herbas, brandy, cava (contén sulfitos), café, té, améndoa, abelá, noces, pasas, anacardos, framboesa, mandarina, lima, flores frescas.

* Cobertura chocolate 31% cacao (azucre, crema de cacao, leite descremado en pó, manteiga anhidra, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

** Cobertura de chocolate 40% cacao (azucre, crema de caco, leite en pó, pasta de cacao, leite descremado en pó, emulxente, lecitina de soia, aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

*** Cobertura de chocolate 70% cacao (pasta de cacao , azucre, crema de cacao, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, sulfitos, soia.

PESO: 500 g.

CADUCIDADE: 5 meses desde a elaboración do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Lousa de bombóns”