Frecha de chocolate

Desde: 19,00 

Unha orixinal frecha de chocolate para agasallar e celebrar o Amor.

Un regalo único, unha explosión de dozura para sorprender e desfrutar coa persoa amada cos cinco sentidos.

Esta creación especial do noso obradoiro inclúe un poema da poeta Miriam Reyes, recente gañadora do Premio Nacional de Poesía.

Queres saber máis?

Unha das creacións especiais de Fina Rei é esta exquisita frecha de chocolate, cun deseño visual moi fermoso e unha elaboración delicada. Un doce especial para unha data especial.

Frecha de chocolate Fina Rei

A escusa perfecta para probar o amor. Esta frecha de chocolate é capaz de provocar unha explosión de dozura e de activar os cinco sentidos.

A punta desta frecha é de bombón de framboesa e pistacho, a vara é de chocolate con leite e as plumas de pastillaxe, unha pasta elaborada a base de azucre e zume de limón. A frecha de chocolate descansa nun leito de gianduja de canela, dentro dun estoxo de deseño especial e coidada presentación estética.

En anos anteriores, a frecha estaba acompañada por poemas de Yolanda Castaño, Carlos Da Aira ou, máis recentemente, Sol Mariño. No 2026 contamos coa colaboración da poeta Miriam Reyes, recente Premio Nacional de Poesía pola súa obra Con. Miriam Reyes escribe este poema para acompañar a nosa frecha de chocolate.

Que alguén poida amarme é algo
que nunca para de sorprenderme.
Cada vez que mo dás
desprego o teu corpo coma un agasallo
os teus brazos flotan arredor do meu peito
coma un salvavidas
e o latexo do teu corazón arrólame.

Elaboramos as nosas frechas baixo pedido e podemos envialas no teu nome a calquera punto da península e cunha mensaxe especial. Podes incluíla nas “notas sobre o pedido” no proceso de pagamento.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis 50 anos creando repostería desde Allariz, innovando para crear doces exquisitos e orixinais coma esta frecha de chocolate. No noso obrador utilizamos só ingredientes naturais de gran calidade, sen conservantes, colorantes artificiais ou aditivos.

INGREDIENTES: Abelá, cobertura de chocolate con leite 41% cacao (azucre, manteiga de cacao, leite en po, pasta de cacao, leite descremado en po, emulxente: lecitina de soia, aroma natural de vainilla) manteiga, fariña de trigo, pistacho, framboesa, manteiga anhidra, canela, limón e sal.

ALÉRXENOS: Froitos de casca (abelá e pistacho), lácteos, cereais (trigo) e lecitina de soia.

PESO: Frecha grande 300 g. – Frecha pequena 200 g.

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto. Se se recibe o 14/02, consumir antes do 01/07.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Frecha de chocolate”