En Fina Rei elaboramos os nosos chocolates a diario, baixo pedido, coidando e mimando a procedencia de todos os ingredientes para obter como resultado uns produtos de altísima calidade.
Chocolate con leite con abelás
O chocolate con leite con abelás de Fina Rei é un chocolate elaborado no momento e de xeito artesanal. Desta forma, cando recibes o teu pedido, o chocolate está no seu mellor momento de consumo, recén feito, e podes saborear todos os seus matices.
Nesta receita empregamos un 40% de cacao, para conseguir un chocolate con leite suave e cremoso ao que lle engadimos abelás frescas e crocantes, tostadas e acarameladas no noso obradoiro. Así consegue ese punto crocante que lle aportan os froitos secos.
Poñemos toda a nosa técnica e experiencia reposteria en elaborar uns chocolates de altísima calidade. Para iso só empregamos produtos naturais, que seleccionamos de xeito coidadoso para as nosas receitas. Non levan ningún tipo de aditivo artificial, potenciadores de sabor, colorantes ou conservantes.
O bo facer de Fina Rei
Levamos máis 50 anos creando repostería desde Allariz, recollendo as receitas tradicionais e innovando para conseguir receitas como a dos nosos chocolates con froitos secos, cunha elaboración artesanal e con ingredientes da máxima calidade.
INGREDIENTES: cobertura cacao 40 %**, abelás.
** Cobertura de chocolate 40% cacao (azucre, crema de caco, leite en pó, pasta de cacao, leite descremado en pó, emulxente, lecitina de soia, aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).
ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, soia.
PESO: Pranchas de 150 g – 300 g – 500 g – 1 kg – 1,5 kg – 2 kg – 2,4 kg
CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.
ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.
AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.