En Fina Rei elaboramos os nosos chocolates artesáns en Allariz e cos mellores ingredientes, que seleccionamos con mimo para achegarche un chocolate cheo de sabor, frescura e bo gusto.
Chocolate negro con améndoas
Este é un dos nosos chocolates máis exquisitos. Elaborado cun cacao seleccionado polos nosos reposteiros e engadindo a améndoa marcona recén tostada e acaramelada.
Un chocolate negro con sabor e matices ao que as améndoas acarameladas aportan un punto crocante.
Elaborámolo sobre pedido e enviámolo para que o recibas na túa casa no seu momento óptimo para saborealo. Un chocolate negro con améndoas recén elaborado ten un sabor único.
Este chocolate só leva ingredientes naturais. Como cada receita que sae do obradoiro de Fina Rei, para elaborar este chocolate non empregamos aditivos artificiais, conservantes ou colorantes.
O bo facer de Fina Rei
Levamos máis 50 anos creando repostería desde Allariz, innovando sobre as receitas tradicionais e poñendo o noso gran de area para manter o oficio reposteiro de xeito artesán, sen industrializar. Descubre os nosos chocolates con froitos secos e goza na túa casa do delicioso sabor do chocolate recén elaborado.
INGREDIENTES: cobertura 70% cacao***, améndoas.
*** Cobertura de chocolate 70% cacao (pasta de cacao , azucre, crema de cacao, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).
ALÉRXENOS: froitos de casca, soia.
PESO: Pranchas de 150 g – 300 g – 500 g – 1 kg – 1,5 kg – 2 kg – 2,4 kg
CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.
ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.
AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.