Acceder

Chocolate negro con noces e uvas pasas

Desde: 4,05 

Chocolate negro recén elaborado cun 71% de cacao e salpicado con noces e uvas pasas.

Un chocolate negro cunha combinación de sabores realmente exquisita.

En pedidos superiores a 1kg, a prancha de chocolate pode ter un deseño personalizado (número, corazón, beizos…); contáctanos para solicitalo.

Queres saber máis?

En Fina Rei elaboramos os nosos chocolates no noso obradoiro de Allariz, con mimo e seleccionando os mellores ingredientes para conseguir achegarche un produto exquisito e de altísima calidade.

Chocolate negro con noces e uvas pasas

A base desta elaboración é a selección dun cacao de calidade excelente, ao que engadimos froitos secos que aporten textura e sabor. Neste caso engadimos noces e uvas pasas que se irán atopando en cada bocado.

Cando compras un chocolate de Fina Rei na nosa tenda online, iniciamos o seu proceso de elaboración. Elaborámolo baixo pedido para que recibas sempre un chocolate negro recén feito e no seu momento óptimo de consumo. Así podes desfrutar ou agasallar de todos os sabores e matices que lle aportan as noces e as uvas pasas.

Coma o resto de chocolates de Fina Rei, neste produto non empregamos colorantes artificiais, potenciadores de sabor, aditivos nin conservantes. Empregamos só ingredientes naturais para conseguir este sabor exquisito.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis 50 anos creando repostería desde Allariz, innovando sobre as receitas tradicionais que fomos recibindo en herdanza, para conseguir sabores exquisitos, coma os dos nosos chocolates con froitos secos.

INGREDIENTES: cobertura de cacao 70%***, noces, pasas.

*** Cobertura de chocolate 70% cacao (pasta de cacao , azucre, crema de cacao, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

ALÉRXENOS: froitos de casca, soia.

PESO: Pranchas de 150 g – 300 g – 500 g – 1 kg – 1,5 kg – 2 kg – 2,4 kg

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Chocolate negro con noces e uvas pasas”