En Fina Rei elaboramos os nosos chocolates no noso obradoiro de Allariz, con mimo e seleccionando os mellores ingredientes para conseguir achegarche un produto exquisito.
Chocolate branco con noces e uvas pasas
Empezamos esta elaboración cun chocolate branco de calidade excelente, ao que engadimos noces e uvas pasas para conseguir unha deliciosa combinación.
Os chocolates que vendemos na nosa tenda online elabóranse sobre pedido, é dicir, en canto nos chega o teu pedido, poñémonos a traballar no noso obradoiro para elaborar o chocolate branco con noces e uvas pasas que che enviaremos. Deste xeito garantimos que recibes un chocolate recén elaborado e que o saboreas no mellor momento para desfrutar de todos os seus sabores.
O chocolate branco con noces e uvas pasas, ao igual que todas as elaboracións que saen do obradorio de Fina Rei, non leva nin colorantes artificiais, nin aditivos ou conservantes. Empregamos ingredientes 100% naturais de calidade superior, así garantimos un resultado cun sabor exquisito.
O bo facer de Fina Rei
Levamos máis 50 anos creando repostería desde Allariz, innovando sobre as receitas tradicionais que fomos herdando. Descubre os nosos chocolates con froitos secos e goza na túa casa do sabor do chocolate recén elaborado.
INGREDIENTES: cobertura cacao 31%*, noces, pasas.
* Cobertura chocolate 31% cacao (azucre, crema de cacao, leite descremado en pó, manteiga anhidra, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).
ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, soia.
PESO: Pranchas de 150 g – 300 g – 500 g – 1 kg – 1,5 kg – 2 kg – 2,4 kg
CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.
ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.
AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.