Acceder

Chocolate branco con abelás

Desde: 5,25 

Déixate seducir polo noso chocolate branco artesán con crocantes abelás.

Elaboramos este chocolate branco con abelás recén tostadas e acarameladas, para conseguir un doce crocante e exquisito.

Todo o sabor do chocolate branco recén elaborado.

En pedidos superiores a 1kg, a prancha de chocolate pode ter un deseño personalizado (número, corazón, beizos…); contáctanos para solicitalo.

Queres saber máis?

En Fina Rei elaboramos os nosos chocolates a diario, coidando e mimando a procedencia de todos os ingredientes para conseguir produtos exquisitos e de alta calidade.

Chocolate branco con abelás recén elaborado

Elaboramos o noso chocolate branco con abelás de xeito artesanal, para que degustes o verdadeiro sabor do chocolate acabado de facer. Empregamos abelás frescas e crocantes, tostadas e acarameladas no noso obradoiro.

Este chocolate branco é un chocolate de alta calidade, cunha textura crocante e un extra de doce que lle aportan as abelás acarameladas. Recibiralo recén elaborado, para que che chegue no momento óptimo para degustalo ou agasallalo.

Poñemos toda a nosa técnica en elaborar un chocolate branco con abelás feito con produtos naturais, sen aditivos, potenciadores de sabor, colorantes ou conservantes. Xa sexa como un capricho persoal ou para compartir con amigos e familiares, o noso chocolate branco con abelás acarameladas é unha opción deliciosa.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis 50 anos creando repostería desde Allariz, recollendo as receitas tradicionais e innovando para conseguir receitas como a dos nosos chocolates con froitos secos, cunha elaboración artesanal e con ingredientes da máxima calidade.

INGREDIENTES: cobertura 31% cacao*, abelás.

* Cobertura chocolate 31% cacao (azucre, crema de cacao, leite descremado en pó, manteiga anhidra, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, soia.

PESO: Pranchas de 150 g – 300 g – 500 g – 1 kg – 1,5 kg – 2 kg – 2,4 kg

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Chocolate branco con abelás”