A tentación de Eva

Desde: 15,00 

(4 valoración dos clientes)

A torta de mazá máis exquisita.

Unha deliciosa torta de mazá con follado de manteiga e crema con canela que converterá a sobremesa nun pracer.

Goza desta exquisita torta de sabores doces e texturas suaves e cremosas na que a suxestión do seu nome é unha chamada de atención ao sentido do xogo.

Escolle entre as variantes “Tentación de Eva” (o produto de sempre), “Tentación de Eva e lámina de Xabier Varela” (inclúe unha lámina gratuíta) ou “Tentación de Eva e gravado de Xabier Varela” (inclúe un gravado da serie orixinal).

É importante ter en conta que a caducidade é de 5 días desde a elaboración do produto. Non facemos envíos a fin de semana.

Queres saber máis?

A torta de mazá ‘A tentación de Eva’ de Fina Rei é o resultado dunha coidada escolla de materias primas de primeira calidade, mimados desde a súa orixe, para conseguir o seu sabor e textura.

Degusta a dozura e suavidade desta torta de mazá

Esta deliciosa torta de mazá combina a delicada masa follada elaborada con manteiga 100 %, as doces mazás maceradas e a exquisita crema con canela que conseguen a suave textura que a caracteriza para que cada bocado sexa como pasear nun soleado día de primavera.

Sente como a dourada masa trisca ao levala á boca para dar paso ao seu doce interior de suave mazá e delicada crema que inundarán o teu padal. Un sabor exquisito para unha sobremesa exquisita.

Réndete ante o pracer da torta de mazá ‘A tentación de Eva’ de Fina Rei e déixate sorprender pola suxestión do seu nome.

Esta torta elabórase sobre pedido, o que garante a máxima frescura cando a recibes ou a agasallas. A caducidade é de 5 días e non enviamos as fins de semana. Enviámola nun estoxo de madeira para que non se rompa no transporte.

A tentación de Eva e Xabier Varela

Para un agasallo especial para unha nai, pódese escoller entre as variantes “Tentación de Eva e lámina de Xabier Varela” ou “Tentación de Eva e gravado de Xabier Varela”. Se escolledes a opción da lámina, enviarémosvos a tentación e unha lámina gratuíta. Se escolledes o gravado, o pedido incluirá un gravado da serie orixinal. Está feito en linóleo, iluminado con acuarela e estampado en papel de gravado fabriano de 200 g. Enviámolo nunha carpeta independente con toda a información.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis de 50 anos a elaborar repostería artesanal de maneira tradicional con materias primas de primeira calidade para que o sabor sexa o protagonista de todos os nosos produtos. Non empregamos colorantes artificiais, conservantes nin aditivos nas nosas elaboracións, só ingredientes naturais.

INGREDIENTES: mazá, manteiga, fariña de trigo, leite, nata, azucre, nata ovo, fécula de millo, canela, limón e sal.

ALÉRXENOS: leite, glute.

PESO: 700 g. aprox.

CADUCIDADE: 5 días desde a elaboración do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

4 valoracións en A tentación de Eva

  1. Silvia

    Propuesta para Atentaciondeeva.

    Hola, encantada de saludarte.

    Quería escribirte porque me ha parecido interesante comentar contigo la posibilidad de que Atentaciondeeva aparezca cada mes en periódicos digitales como noticia para posicionar en los primeros lugares de internet, es decir, con artículos reales dentro del periódico que no se marcan como publicidad y que no se borran.

    La noticia es publicada por más de cuarenta periódicos de gran autoridad para mejorar el posicionamiento de tu web y la reputación.

    ¿Podrías facilitarme un teléfono para ofrecerte un mes gratuito?

    Gracias.

  2. Andrea

    Propuesta para Atentaciondeeva.

    Hola, es un placer saludarte.

    Te escribo porque ser?a interesante comentar contigo la opci?n de que Atentaciondeeva posicione en los primeros lugares de internet y que aparezca cada mes como noticia en cientos de peri?dicos digitales, con art?culos reales dentro del peri?dico que no se marcan como publicidad y que no se borran.

    Estas noticias se publicar?n en m?s de cuarenta peri?dicos de gran autoridad para mejorar el posicionamiento de tu web y la reputaci?n.

    ?Podr?as facilitarme un tel?fono para aplicarte un mes gratuito?
    Muchas?gracias

  3. Clara

    Propuesta para Atentaciondeeva.

    Hola, es un placer saludarte.

    Te escribo porque sería interesante comentar contigo la opción de que Atentaciondeeva posicione en los primeros lugares de internet y que aparezca cada mes como noticia en cientos de periódicos digitales, con artículos reales dentro del periódico que no se marcan como publicidad y que no se borran.

    Estas noticias se publicarán en más de cuarenta periódicos de gran autoridad para mejorar el posicionamiento de tu web y la reputación.

    ¿Podrías facilitarme un teléfono para aplicarte un mes gratuito?

    Muchas gracias.

  4. Magdalena

    Estamos interesados en Atentaciondeeva.

    Estamos interesados en hablar con vosotros para que Atentaciondeeva pueda aparecer en prensa y logre una mejor posición en internet. Se crearán noticias reales dentro de los periódicos más destacados, que no se marcan como publicidad y que no se borran.

    Estas noticias se publicarán en más de cuarenta periódicos de gran autoridad para mejorar el posicionamiento de tu web y la reputación.

    ¿Podrías facilitarme un teléfono para aplicarte un mes gratuito?

    Muchas gracias.

Engadir unha valoración