Acceder

Amendoado de Allariz – a granel

1,80 

O amendoado máis tradicional.

Goza dos exquisitos amendoados de Allariz, crocantes por fóra e tenros por dentro, e déixate levar por un sabor con gran tradición histórica.

Degusta a receita de amendoados que leva séculos viva na nosa vila e marabíllate coa delicadeza do seu sabor artesanal. Podes comprar os amendoados a granel cun pedido mínimo de 6 unidades.

Hai existencias

Queres saber máis?

O amendoado tradicional Fina Rei segue a receita ancestral que se lle atribúe ao pobo hebreo que habitou nesta zona e que chegou aos nosos días grazas á tradición gastronómica popular. Nós elaborámolo de maneira artesá con produtos de primeira calidade e sen colorantes artificiais, conservantes nin aditivos para que desfrutes de todo o seu sabor.

O doce máis recoñecido da repostería de Allariz

Este exquisito amendoado tradicional combina a saborosa améndoa marcona coa clara de ovo e o azucre e consegue trasladar ao teu padal toda a historia que caracteriza estes distinguidos doces.

É o máis prezado dos amendoados, elaborado a coitelo sobre fonte de barro tradicional da localidade de Niñodaguia, que engadido ao seu maior tamaño, potencia o contraste entre o seu crocante exterior e a xugosidade e tenrura do interior, o que incide na finura do seu sabor a améndoa.

Un paseo para os sentidos alén do tempo que te transporta a épocas pasadas e consegue que goces da tradición gastronómica galega grazas ao coidado proceso de elaboración manual que mantemos intacto e á calidade das materias primas que empregamos. Este doce elaborámolo sobre pedido, para que o recibas no seu punto óptimo de consumo.

Marabíllate co inconfundible sabor do amendoado de Allariz Fina Rei e goza do sabor da nosa historia.

Tamén podes comprar os améndoados nun estoxo de 5 unidades.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis de 50 anos a crear doces artesanais e a coidar da tradición reposteira que queremos que se continúe a transmitir de xeración en xeración.

E precisamente para manter viva esa tradición e cultura gastronómica que nos caracteriza, coidamos o medio e preocupámonos por manter o emprego no noso entorno rural para que poidas gozar dos momentos que che traen os nosos deliciosos produtos durante moitos anos máis.

INGREDIENTES: améndoa, azucre, clara de ovo, oblea.

ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, glute, ovo.

PESO: 70 g.

CADUCIDADE: 3 meses desde a elaboración do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Amendoado de Allariz – a granel”