Acceder

Ostras de chocolate

15,00 

Unha exquisita creación en chocolate inspirada nas nosas rías e que reproduce a forma dunha ostra.

Estoxo de catro ostras de chocolate. 80 g.

* Este é un produto moi delicado e sensible á calor. Durante os meses de verán, é posible que non estea dispoñible para a súa compra online. Se queres consultarnos a dispoñibilidade, ponte en contacto con nós en info@finarrei.com.

Hai existencias

Queres saber máis?

As ostras de chocolate son unha das creacións máis especiais do obradoiro de Fina Rei. Con deseño e elaboración exquisita, para conseguir un sabor e unha experiencia visual única.

Ostras de chocolate Fina Rei

Puro chocolate, bañado en viño albariño, porque estas ostras están inspiradas na beleza das rías galegas.

Esta é unha creación de Fina Rei, cun deseño moi delicado e bonito, nacida da inspiración artesá. Con chocolate negro e chocolate branco evócase a cuncha exterior da ostra, decorada a man con chocolate de nácara azulada. Baixo a súa perla ambarina, un recheo de crema de amendoado, Brandy e viño albariño.

Un deseño exquisito para unhas creacións artesanais exquisitas.

Elaboramos as ostras de chocolate baixo pedido, para que cheguen á túa casa no momento ideal para ser saboreadas ou agasalladas. Envíanse nun estoxo que contén catro ostras. Déixate sorprender por esta creación!

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis 50 anos creando repostería desde Allariz, innovando para crear doces tan exquisitos e únicos coma estas ostras de chocolate. No noso obrador utilizamos só ingredientes naturais de gran calidade, sen conservantes, colorantes artificiais ou aditivos.

INGREDIENTES: chocolate negro 70% cacao***, chocolate branco 31% cacao*, praliné de améndoa (améndoa marcona repelada, azucre), manteiga de cacao, nata, glucosa, viño albariño.

* Cobertura chocolate 31% cacao (azucre, crema de cacao, leite descremado en pó, manteiga anhidra, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

*** Cobertura de chocolate 70% cacao (pasta de cacao , azucre, crema de cacao, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, sulfitos, soia.

PESO: 80 g.

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto. Envasada en atmósfera modificada.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

frecha-chocolate-finarei-5
Desde: 19,00 
Imaxe do produto A tentación de Eva de Fina Rei
15,00 
Imaxe do produto Turrón Acisclo de Fina Rei
20,00 

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Ostras de chocolate”