Frecha de Chocolate con poema de amor de Estíbaliz Espinosa

Orixinal frecha de chocolate cun bombón de framboesa na punta acompañada do poema de Estíbaliz Espinosa.

Indíca o nome da persoa amada e escribímolo no verso final do poema!

14 de febreiro, San Valentín, Día dos Namorados, sorprende a esa persoa especial da forma máis doce e romántica.

Solicítaa xa e recíbea ti ou a persoa que desexes o día que indiques.

Máis detalles

17,00 €

  • Pequena
  • Grande
  • Español
  • Galego

Personalización do produto

Despois de encher o campo personalizado e clicar en "Gardar", lembra engadir o produto á cesta.

Textos

loader

* campos obligatorios

Máis información

A antítese formada entre os conceptos de frecha e dozura queda nunha mera anécdota ante a realidade do noso produto.

O 14 de febreiro, Día dos Namorados ou San Valentín, a data ideal para probardes o voso amor.

Vive o teu momento doce regalando a Frecha de Chocolate de Fina Rei. Conseguirás que o padal renda obediencia ante a mestura de sabores como a framboesa, o chocolate, a giaduja de canela e as plumas feitas de pastillaxe.

Estamos seguros de que a combinación destes sabores fará que nin a persoa agasallada nin ti poidades esquecer facilmente o momento do regalo e da súa degustación.

Para darlle un maior toque de romanticismo, a Frecha de Chocolate vai acompañada dun poema de amor, atado á frecha en forma de mensaxe, escrito pola poeta Estíbaliz Espinosa en exclusiva para esta ocasión.

Albo

Todo amor transcorre en algures entre a árbore do cacao e xenomas case idénticos que se miran como a través. Que se devoran.

Todo amor é constelación e criaturiñas bioluminescentes que dan nome ao mar de ardora. Porque é difícil de ver. Porque pestanexa. Porque xira na noite coma a constelación de Sagitta, a frecha que apunta ao teu nome.

Todo amor é fundar ou fundirse. Perforar o alento con puntaría de amazona. Baño de oxitocina para os campos e as súas papoulas en sinapse, velaí o tes, veas abaixo: é un río de teobromina.

Chega até o corazón do teu nome.
O teu nome, que escintila na lingua e pestanexa.
Como unha constelación como unha
criatura da ardora. Amor. Debo escribilo:

...............................

Estíbaliz Espinosa, 2018

[Preme aquí para ver o poema en castelán]

Indícanos o nome desa persoa tan especial para ti, e nós engadirémolo como verso final do poema!
Un detalle que culminará esta sorpresa tan orixinal e romántica.

A frecha está elaborada cun bombón de framboesa na súa punta, a vara de chocolate con leite e as plumas de pastillaxe, e preséntase deitada sobre un comprimido de giaduja de canela.

Peso frecha grande 300 g.

Peso frecha pequena 200 g.

Caducidade 5 meses

Ingredientes: Abelá, cobertura de chocolate con leite 40% (azucre, manteiga de cacao, leite en po, pasta de cacao, leite desnatado en po, emulxente: lecitina de soia, aroma natural de vainilla) manteiga, fariña de trigo, canela, framboesa, sal, azucre e limón.

[Fotografía da poeta en imaxe de produto: Noemí Cubillo]

Comentarios

Escribe a túa opinión

Frecha de Chocolate con poema de amor de Estíbaliz Espinosa

Frecha de Chocolate con poema de amor de Estíbaliz Espinosa

Orixinal frecha de chocolate cun bombón de framboesa na punta acompañada do poema de Estíbaliz Espinosa.

Indíca o nome da persoa amada e escribímolo no verso final do poema!

14 de febreiro, San Valentín, Día dos Namorados, sorprende a esa persoa especial da forma máis doce e romántica.

Solicítaa xa e recíbea ti ou a persoa que desexes o día que indiques.

Escribe a túa opinión

+ Productos