Packs de galletas de nata ecolóxicas

Desde: 12,85 

As galletas de nata tradicionais, con tres sabores únicos e agora en packs para compartir. Por que quedar coas ganas de probar unha das nosas variedades de galletas de nata artesanais cando podes degustalas todas?

Escolle entre 3 packs de un, dous ou tres botes de cada unha das nosas tres especialidades de galletas de nata 100% ecolóxicas, elaboradas sen conservantes nin aditivos. O envase é biodegradable e está pensado para ser usado como maceta soterrable. Para iso enviamos un sobre con sementes que, neste momento, son de zinnia común.

Queres saber máis?

As nosas galletas de nata artesanais están elaboradas de maneira tradicional con ingredientes ecolóxicos de primeira calidade para que desfrutes de todo o seu sabor. Estes packs de galletas de nata Fina Rei son a opción perfecta para que degustes en compañía as nosas tres variedades.

Deliciosas variedades de galletas de nata

Neste pack encontrarás as tradicionais galletas de nata en tres variedades diferentes:

As galletas de nata teñen o sabor das de toda a vida co extra de intensidade que lle aportan as améndoas para potenciar a súa textura e sabor.

As galletas de nata e framboesas transpórtante á infancia e engaden esa saborosa dozura das framboesas que recordan ás tardes de verán.

As galletas de nata e laranxa son a receita tradicional renovada para darlle o delicioso toque cítrico que as fai únicas.

Todas as nosas galletas de nata tradicionais están elaboradas con produtos 100 % ecolóxicos e empaquetadas en envases biodegradables, para reducir todo o posible a pegada ecolóxica. O envase foi creado para reutilizar como maceta soterrable para o que achegamos un sobre con sementes que, neste caso, son de zinnia común.

Innovamos sobre a receita tradicional das galletas de nata, para conseguir estas galletas ecolóxicas cun toque de sabor e coa certificación do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis de 50 anos a elaborar repostería artesá de maneira tradicional, por iso a nosa prioridade é empregar materias primas de primeira calidade para crear produtos de exquisito sabor sen colorantes artificiais, conservantes nin aditivos.

INGREDIENTES: Consultar productos individuais.

ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, glute, ovo, sulfitos.

PESO: cada envase pesa 160 g.

CADUCIDADE: 5 meses desde a elaboración do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes sinalar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Packs de galletas de nata ecolóxicas”