As galletas de nata Fina Rei están elaboradas de maneira tradicional con produtos de primeira calidade para que cada bocado sexa unha experiencia de sabor.
As galletas de nata artesanais e ecolóxicas
O toque innovador desta receita é a améndoa, xa que potencia e refina o sabor da nata. Reproducimos a receita tradicional das galletas que facían as nosas avoas coa nata que sacaban do primeiro fervor do leite e non engadimos ningunha graxa que non estea presente de xeito natural na manteiga, na nata ou na améndoa ecolóxica que empregamos para facelas.
Para a elaboración desta receita, empregamos ingredientes 100 % ecolóxicos, por iso están certificadas co sello do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).
O seu envase é 100% biodegradable e está pensado para que o reutilices como maceta soterrable, para o que achegamos unha bolsiña con sementes que poderás plantar nel. Desta maneira aceleras o proceso de degradación das embalaxes ao mesmo tempo que desfrutas do crecemento dunha planta sorpresa. Unha maneira moi satisfactoria de conseguirmos un produto de residuo cero.
O bo facer de Fina Rei
Levamos máis de 50 anos a elaborar repostería artesá de maneira tradicional, por iso priorizamos a calidade das materias primas que empregamos e o sabor que obtemos en cada produto. E para conseguilo non usamos colorantes artificiais, conservantes nin aditivos no noso proceso de elaboración artesá.
INGREDIENTES: fariña de trigo, manteiga, nata, azucre, améndoa, ovo, sal. 100% ecolóxicos, certificados polo CRAEGA.
ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, glute, ovo.
PESO: 160 g.
CADUCIDADE: 5 meses desde a elaboración do produto.
ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.
AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes sinalar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.