Son moitas empresas, practicamente todas, as que se apuntan ao lema “tradición e innovación”. Os Amendoados ou a Torta Real son doces que forman parte da nosa repostaría tradicional e que elaboramos dende o inicio, no ano 1971. Das elaboracións tradicionais, do traballo coa améndoa ou o chocolate, xorden produtos novos que reflicten a nosa esencia: respecto pola tradición e creación de produtos novos, orixinais.
Receitas tradicionais convertidas en produtos únicos
Un dos produtos de Fina Rei que máis vos sorprende é a Tentación de Eva. A nosa versión da torta de mazá combina a delicada masa follada elaborada con manteiga 100%, mazás doces e unha exquisita crema con canela que lle dan unha textura moi suave. A torta elabórase sobre pedido para garantir que chegue coa máxima frescura.
As Galletas de Nata ecolóxicas están elaboradas a partir dunha receita tradicional, a das galletas que facían as nosas avoas coa nata que sacaban do primeiro fervor do leite. O toque innovador dállo a améndoa, que potencia e refina o sabor da nata. Para a elaboración do produto empregamos ingredientes ecolóxicos, o que nos permitiu o selo do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).
Darlle forma á inspiración con chocolate
Aínda que a protagonista da repostería tradicional de Allariz é a améndoa, o chocolate tamén forma parte da tradición reposteira da vila. Sempre contamos con artesáns e artesás adicadas a traballar con esta materia prima. En Fina Rei sempre empregamos o chocolate para dar forma a algunhas das nosas creacións.
Da inspiración que xorde da beleza das nosas rías nacen as Ostras de chocolate; puro chocolate, bañado en viño albariño. Por outra parte, en Fina Rei creamos a Frecha de chocolate para celebrar o amor coa persoa que vós escollades.
O chocolate pode servir para crear calquera produto que poidades imaxinar. Despois do verán presentaremos unha novidade importante para nós. Un paso máis. Un produto novo. Só apto para os amantes do chocolate.