Acceder

Bombóns para desfrutar e unha lousa para reutilizar

A lousa que empregamos para a nosa “Lousa de bombóns” é un produto 100% natural, extraída da montaña de Valdeorras, en Galicia, e elaborada a man por artesáns e artesás. Apta para o seu uso con alimentos, podedes reutilizala para facer unha presentación orixinal e elegante en xuntanzas con amigos ou familiares. 

Que tedes que saber?

  • Reciben o tratamento sanitario preciso para usarse con alimentos (Número de rexistro sanitario: 39.005231/OU).
  • Pode ir ao lavalouza. E pode usarse en fornos e microondas se non se superan os 110°.
  • Para manter o brillo natural da pedra, chega con aplicar un pouco de aceite de oliva en todas as caras e bordes.

Escoller esta lousa é outro pasiño máis que damos no camiño da sostibilidade. Se non ides reutilizala e podedes entregárnola nas nosas tendas de Allariz ou Ourense, encargarémonos de darlle unha segunda vida. 

Rochas, trufas e músicos. Cal vas escoller primeiro?

A lousa de bombóns contén unha selección de bombóns artesáns. Que significa “artesán”? Pois que están elaborados a man, un a un, no noso obradoiro de Allariz.

Non é doado decidir se comezar coa rocha de améndoa acaramelada combinada cunha selección de coberturas de chocolate (negro ao 70% de cacao, con leite ou branco), a trufa de licor de herbas con chocolate negro harmonizado con licor de herbas elaborado en Allariz ou bombóns músicos de tres variedades de chocolate distintas combinadas con notas de laranxa, améndoa, noz ou framboesa.

Un detalle que é o complemento perfecto para un encontro coas vosas persoas favoritas. Se aínda non os probastes, repetiredes.

Comparte!