Acceder

“Acértalle no corazón”; a historia da frecha de chocolate de Fina Rei e os poemas que a acompañaron

A frecha de chocolate é unha das nosas pezas máis especiais. Unha creación orixinal de Fina Rei para agasallar e celebrar o amor entre dúas persoas. Para nós significa ademais a oportunidade de reforzar o vínculo coa nosa lingua e a nosa cultura, de expresar un sentimento dunha forma moi especial nas voces de Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Carlos da Aira e, por último, Sol Mariño.

O primeiro poema, escrito por Yolanda Castaño

A frecha de chocolate naceu acompañada dun poema escrito para a ocasión por Yolanda Castaño. Poeta e dinamizadora literaria, conta cunha traxectoria de case trinta anos. Entre outros recoñecementos, recentemente gañaba o Premio Nacional de Poesía. Estamos felices e orgullosos do camiño de Yolanda dende aquel poema que compartía con nós no ano 2014. Compartimos aquí o primeiro dos poemas que escribiu para acompañar a frecha a partir dese ano.

De Yolanda Castaño a Estíbaliz Espinosa

Catro anos máis tarde, tivemos a sorte de contar coa colaboración da poeta Estíbaliz Espinosa. Un dos seus libros forma parte da colección Fina Rei de poesía escrita por mulleres, editada por Aira Editorial. Escribe poesía, relato e ensaio e na súa traxectoria recolleu premios como o Esquío ou o Espiral Maior. Este foi un dos poemas que escribiu para Fina Rei.

No 2021, colaboración de Carlos da Aira

Carlos da Aira dirixe o Poemagosto. Festival Internacional de Poesía de Allariz. Punto de ignición (2021, Saurobuks), A guerra era contra nós (2020, Xerais) ou Prender os fachos, compoñer os ósos (2019, Espiral Maior), son algunhas das súas últimas obras. Durante a súa traxectoria recolleu premios como o aRi[t]mar de poesía ao mellor poema galego, o Lueiro Rey ou o Premio Cidade de Ourense de Poesía.

Sol Mariño, un capítulo máis dunha historia que non acaba aquí

A súa primeira obra, As alas da serpe (Aira Editorial) é a última incorporación á colección Fina Rei de poesía escrita por mulleres. Dende a Costa da Morte, ademais de escribir adícase á fotografía, a serigrafía textil e a pintura manual. Dende aquí, o noso agradecemento por continuar unha historia chea de amor e poesía.

Que vos parece a combinación de frecha de chocolate e poema de Sol Mariño?

Comparte!