Un dos produtos que máis mercades nas nosas tendas de Allariz e Ourense, nas tendas de alimentación que venden os doces de Fina Rei dentro e fóra de Galicia e na nosa tenda en liña, son os chocolates artesáns de Fina Rei. Negro, con leite ou branco e combinado con froitos secos, pero diferentes. Por que? O segredo está no chocolate recén elaborado e os froitos secos seleccionados que lle aportan un sabor moi intenso e unha textura crocante. Se non nos credes, facede a proba.
É certo que a protagonista da repostería tradicional allaricense é a améndoa. Pero en Allariz sempre houbo artesáns e artesás reposteiras que traballaron co chocolate. Nós nin podemos nin queremos escoller, preferimos combinar.
Chocolates artesáns cheos de sabor, frescura e bo gusto
Fina Rei elabora chocolates artesáns para os amantes do chocolate negro, con leite ou branco. Cada un deles combinado con abelás, améndoas ou noces e uvas pasas. Vós escolledes. Seleccionamos os mellores ingredientes para conseguir un sabor auténtico. Abelás frescas e crocantes, tostadas e acarameladas no noso obradoiro, améndoa marcona da mellor calidade, noces e uvas pasas para os máis atrevidos.
Elaboramos todos os nosos chocolates sobre pedido, para garantir que os recibades coa máxima frescura e os saboreedes no momento xusto. Ademais, empregamos ingredientes 100% naturais, sen aditivos artificiais, conservantes ou colorantes. Só así se garanten a calidade e o sabor dos nosos produtos.
Fina Rei, ao gusto dos nosos clientes: chocolates personalizados
En Fina Rei elaboramos produtos “Ao teu gusto”. Iso significa que nos gusta falar con vós e, na medida das nosas posibilidades, cumprir os vosos desexos. Unha caixa de madeira con bombóns personalizada para vós, unha caixa cunha selección dos nosos produtos…, e chocolates artesáns coa forma que vós queirades. Para pedidos de máis dun quilo, a prancha de chocolate pode ter forma de número, corazón, beizos… Que forma lle dariades vós? Poñédevos en contacto con nós e falamos.