En Fina Rei fixemos unha pequena guía para acompañarvos este Nadal. Presentámosvos de maneira sinxela os produtos que creamos para vós, para que poidades escoller o que mellor encaixa coas vosas necesidades. Caixas agasallo, turróns artesanais, bombóns, chocolates e incluso un produto que enviamos a través do correo electrónico. Seguide lendo para atopalo.
Antes de comezar, un consello. Todos os pedidos de máis de 30€ non pagan gastos de envío.
Agasallos Fina Rei para desfrutar do tempo cos teus
Cada ano, no Nadal, preparamos as nosas caixas agasallo. Doces da repostaría tradicional de Allariz, de turróns artesanais galegos elaborados no noso obradoiro ou para amantes do chocolate. Produtos de Fina Rei gardados nunha elegante caixa metálica. Outra caixa, pero esta de madeira de castiñeiro de bosques sostibles, é a da Xenia de froitas e flores. Un dos nosos produtos máis especiais. Co lema “Bo Nadal” e chea de bombóns artesanais de cinco variedades diferentes. Imaxinades a cara que vai poñer esa persoa na que estades a pensar?
Antes prometemos un agasallo que se pode enviar e recibir a través de correo electrónico. A nosa tarxeta agasallo permite escoller importe e destinatario ou destinataria. Perfecta para cando non estamos seguros de que produto escoller.
Turróns artesanais elaborados en Allariz
É xusto reivindicar que elaboramos turrón artesanal galego, en Allariz. De café e doce de leite, cava e limón, licor de herbas, marrón glacé, laranxa e canela ou Amendoado de Allariz. Coa obriga de respectar a tradición e engadindo un toque de vangarda. Turróns que non perden xamais a esencia e coa calidade como requisito imprescindible. Un consello: para todos os nosos turróns, recomendalos cortalos en anacos de medio centrímetro de grosor como máximo. Atrevédesvos a descubrir o seu sabor?
Bombóns artesanais; un clásico que sempre sorprende
Chegar a unha comida ou cea de Nadal coa familia, amigos ou compañeiros e compañeiras de traballo e facelo cun doce de Fina Rei na man é garantía de éxito e sorpresa. Hai opcións para os amantes do chocolate negro, branco ou con leite, para os que vos gusta combinar chocolate e froitos secos, ou para os que preferides alternativas máis atrevidas. Podedes calcular o tempo que tarda en baleirarse a nosa Lousa de bombóns, o Estoxo de músicos ou o de rochas. Facede a proba e contádenos.
Produtos personalizados, ao voso gusto
Sempre dicimos que en Fina Rei queremos escoitarvos e tentar atender as vosas necesidades. Máis alá da selección de produtos que fixemos para vós este Nadal, podemos crear unha caixa cos produtos que vós queirades. Outra opción son os chocolates artesanais; en pedidos de máis de 1kg a prancha de chocolate pode ter a forma que vós escollades (un número, un corazón…).
Pero hai máis opcións. Que precisades? Se buscades un agasallo personalizado para a vosa empresa ou para o voso uso persoal, chamádenos.