O Día do pai é unha das datas sinaladas no calendario de Fina Rei. Para nós representa a oportunidade de crear e compartir con vós produtos orixinais, co chocolate como protagonista indiscutible. A nosa proposta para este ano é a nosa Xenia de froitas e flores edición “Larpeiro”; exquisitos bombóns artesáns nunha caixa de madeira con certificado de procedencia de montes sostibles. Dez anos antes, a nosa proposta foi un agasallo tan clásico coma novo.
“No Día do pai, regálalle o de sempre”
No ano 2014, a nosa orixinal proposta foi agasallar unha gravata. Iso si, unha gravata de chocolate elaborada con ingredientes da mellor calidade. Tiña o defecto de que non duraba moito, pero estaba chea de sabor.
Un ano máis tarde, completamos a proposta: “Regálalle o de sempre e sácalle un sorriso”. Ademais da gravata, o agasallo incluía unha tira cómica creada por Pinto e Chinto.
Máis recentemente, entendemos que para gustos, cores (e sabores), e ampliamos o catálogo de gravatas para que puidésedes escoller a que mellor se adaptaba ao seu gusto e estilo.
Larpeiro, larpán, lambón, lambereteiro, lambisqueiro
Este ano 2024 decidimos crear a variante “Larpeiro” da nosa Xenia de froitas e flores. Un agasallo pensado para el a quen sempre lle gardamos o último bombón. A caixa está elaborada con madeira de castiñeiro con certificado de procedencia de montes sostibles. O seu interior é un convite a un paseo por un xardín agora na primavera. Un percorrido con cinco paradas, unha por cada tipo de bombón.