Acceder

A Tropical: un doce segredo no corazón de Ourense

No corazón de Ourense hai un doce segredo por descubrir, un oasis de calma e tranquilidade no que esquecer o caos e o frenesí que invade as rúas da cidade durante as semanas do Nadal. A tenda de Fina Rei en Ourense convida a gozar deste ambiente relaxado e tamén dun auténtico paraíso para que sentidos como o olfacto e o gusto se deixen levar polos distintos sabores que ofrece un catálogo de produtos cheo de alternativas. O que se atreva a descubrilo non se vai arrepentir e vai acertar se busca darlle unha sorpresa a un ser querido.

‘A Tropical’, nome dun histórico negocio de cafés finos, tés, cacaos e outros produtos chegados desde o trópico establecido no ano 1935, é a casa de Fina Rei en Ourense desde hai dúas décadas. Situada na concorrida rúa da Paz, esta típica tenda de cafés e docería xa ofrecía amendoados, melindres, rosca de xema e outros doces da repostería tradicional allaricense, pero a chegada de Fina Rei elevou a oferta dos doces típicos de Allariz sumándolle produtos de alimentación gourmet galegos. É por iso que A Tropical é un lugar fantástico para atopar ese detalle que lle faga máis doce a vida a familiares, amigos ou compañeiros de traballo. Ademais, o que a visita conta sempre coa agradable compañía de Ángeles, unha persoa que che vai axudar a atopar o mellor agasallo posible para os teus.

 A Tropical: produtos de alimentación gourmet galegos e todo o surtido de Fina Rei

Na nosa tenda en Ourense podedes atopar unha selección de produtos de alimentación gourmet galegos, ademais de todos os produtos que elaboramos en Fina Rei. 

Coa améndoa marcona como base, os reis do obradoiro artesanal de Allariz son seguramente os Amendoados e a Torta Real, pero, seguindo sempre a idea dos seus fundadores, Josefina Rey e o seu marido José Mosquera, de priorizar a calidade fronte a cantidade e a creación propia fronte á imitación, Fina Rei tamén achega a oportunidade de gozar dunha liña de produtos propios do Nadal que se poden atopar na Tropical.

Cada ano preparamos con esmero as caixas agasallo que inclúen doces da repostería tradicional de Allariz, os turróns artesanais galegos, chocolates ou os nosos bombóns artesanais; a Xenia de froitas e flores, a Lousa de bombóns ou os estoxos de músicos e rochas. Tamén teñen un toque senlleiro os turróns, xa que, sen perder a esencia e sen esquecer a calidade, levan unha pincelada de vangarda coas opcións de sabor a café e doce de leite, cava e limón, licor de herbas, marrón glacé, laranxa e canela ou o tradicional Amendoado de Allariz.

Comparte!