Acceder

“La Tropical. Cafés finos”, no corazón do comercio ourensán dende 1935

La Tropical Fina Rei

“La Tropical” é a casa de Fina Rei na cidade de Ourense dende hai vinte anos. Era xusto conservar o nome dun comercio inagurado no ano 1935 e que tivo como últimas propietarias ás cubanas Toñita e Trini Pérez Testa. Está situada na emblemática rúa da Paz que, dende sempre, desprende o aroma dos locais de repostería. 

“Cafés finos, thés, cacaos, chocolates, hierba mate y demás artículos del trópico” eran as especialidades de La Tropical ao inicio. En esencia era unha tenda de cafés e docería. Antes de Fina Rei, en La Tropical xa vendían amendoados, melindres, roscas de cazo, améndoas de pico ou roscas de xema; doces da repostería tradicional allaricense. 

Despois de Toñita e Trini, rexentou o local Remedios Salgado, de quen collemos o relevo. Ela preservou o espírito dos produtos seleccionados e de calidade.

La Tropical: a tenda de Fina Rei en Ourense

No ano 2003 Fina Rei xuntou o seu nome ao de La Tropical para vender produtos tradicionais de Allariz como os amendoados ou a Torta Real, pero tamén bombóns, chocolates ou turróns artesanais elaborados no noso obradoiro. Ademais das nosas elaboracións, contamos con outros produtos de alimentación artesanais galegos.

A historia de La Tropical, de case 90 anos, continúa e mira cara o futuro coa mesma idea de sempre: ofrecer a mellor antención, deixar un bo sabor de boca e provocar as ganas de repetir visita. 

Comparte!