Acceder

Fina Rei estrea páxina web e tenda na Rede

pagina-web-fina-rei

No ano 2014, xa hai preto de dez anos, en Fina Rei demos o paso de abrir a nosa primeira tenda en liña coa idea de poder chegar a todos clientes e clientas que nos coñecestes nas nosas tendas de Allariz e Ourense, nalgunha tenda local que vende os produtos de Fina Rei ou a través das redes sociais. Hoxe Fina Rei estrea páxina web coa idea de que nos coñezades un pouco máis, de que vos coñezamos un pouco máis, de que poidades mercar algún dos produtos do noso catálogo ou algún produto personalizado, de maneira rápida e sinxela. 

Fina Rei: ao noso xeito, á voso gusto

Na portada da páxina web podedes “coñecer a nosa historia”, dende a fundación no ano 1971 ata a celebración dos 50 anos e algunhas das últimas novidades que fixan a mirada no próximo medio século. Quen somos? Somos repostaría tradicional de Allariz, traballamos coa ambición de crear produtos orixinais, novos, coa calidade e o sabor como requisito esencial. E somos unha empresa que quere ser cada día un pouco máis sostible. 

Inauguramos a sección “Ao gusto” porque pensamos que o noso traballo debe responder ás vosas expectativas e necesidades. Podedes conseguir produtos de Fina Rei personalizados. Que precisades? Chamádenos e falamos. 

A sostibilidade é un valor fundamental de Fina Rei. Creamos unha páxina que recolle algunhas das decisións que tomamos nos últimos temos, relacionadas cos nosos produtos, o obradoiro de repostaría e as nosas traballadoras e traballadores.

A tenda en liña: Fina Rei en Allariz, Ourense e na vosa casa 

tienda-online-fina-rei

Na tenda en liña de Fina Rei sempre ides atopar unha selección de produtos recomendados. Pero sodes vós quen, dende o menú principial ou dende a portada, podedes escoller entre repostaría tradicional de Allariz (Amendoados e a Torta Real), Galletas de Nata ecolóxicas, bombóns e chocolotate artesanais ou algunha das Creacións de Fina Rei. 

Lembrade que podedes facernos un pedido a medida. Se queredes que vos enviemos unha caixa con diferentes produtos ou chocolates con algunha forma (un número, un corazón, uns beizos, etc.), escribídenos ou chamádenos. 

Entre as novidades, creamos unha tarxeta regalo para que equivocarse non sexa unha opción. Pódese escoller entre tres opcións diferentes: 10€, 25€ ou 50€.

Por último, mantemos os gastos de envío gratuítos para pedidos que superen os 30€.

Comparte!