Artigo da Voz de Galicia.
Allariz foi gardando o segredo dos mellores doces ao longo de sĆ©culos. De xeración en xeración foron pasando receitas, costumes, saberes e trucos para elaborar amendoados, tortas e a escasa amĆ©ndoa de pico -25 dĆas de traballo sen parar para producir pequenas cantidades (uns 5 quilos nese tempo)-, entre outros produtos. Houbo un tempo, non hai tanto, que a tradición do doce alaricĆ”n estivo en serio perigo, aĆnda que o apoio institucional e o compromiso das novas xeracións conseguiron revitalizar un sector de grande importancia para a vila. Un dos exemplos sobranceiros Ć© o da empresa Fina Rei, onde os irmĆ”ns Miguel Ćngel e Marcos manteƱen a tradición do proxecto que no seu dĆa puxeron a andar os seus pais, coa matriarca da familia como alicerce.
Comezaban os 70 e MarĆa Josefa Rei meteuse na artesanĆa do doce: Ā«A receita dĆronma unhas seƱoras de aquĆ de Allariz e o meu marido dixo que era mellor que o fixese eu, que se me daba mellor. E asĆ empezamosĀ». Pasaron uns anos e deixouno Ā«para atender aos fillosĀ» -seis rapaces supoƱen moito traballo e responsabilidades-. O relevo fórono collendo Miguel Ćngel e Marcos de forma natural, case sen se decatar. Miguel Ćngel lembra que Ā«todos estivemos botando unha man e traballando nisto dende cativos, como pasa nas empresas familiares, aĆnda que ao final fomos Marcos e mĆ”is eu os que nos decidimos por manter a tradición familiar. Estabamos na casa e tiƱamos a base feitaĀ». En Fina Rei sempre apostaron pola diversificación de mercados, os seus pais xa vendĆan os doces a travĆ©s dun representante, e Miguel Ćngel e Marcos manteƱen esa filosofĆa: Ā«No 95 foi cando nos metimos en serio, como un modo de vida, e coa premisa de elaborar aquĆ e comercializar fóraĀ», apunta o primeiro. Na actualidade Fina Rei conta con tendas en Allariz, Ourense e Madrid. O proceso sigue sendo artesanal e a Ćŗnica maquinaria que se emprega Ć© a trituradora da amĆ©ndoa. O seu pai inventou hai anos unha mĆ”quina para evitar os moitos dĆas que habĆa que estar remexendo para facer a amĆ©ndoa de pico Ā«e sigue funcionando se a poƱemos a traballarĀ», apunta Marcos. Ademais das elaboracións tradicionais, amendoados e tortas, Ā«nós apostamos por facer cousas novas e por iso nos metimos a fondo na reposterĆa para innovar e dar un toque diferente: por acabado, por ingredientes, por ser un produto novoā¦Ā» como lembra Miguel.
Sorpresas para o futuro
Os artesĆ”ns presentaban hai pouco uns bombóns sobre as esculturas de Acisclo Manzano e estĆ”n ultimando novas presentacións: Ā«algo innovador e que vai ser unha sorpresaĀ». Miguel recoƱece que o da familia Ć© un proceso natural: Ā«Somos larpeiros consumados. Lembro que toda a vida agardabamos polo postre para ver as sorpresas que nos facĆa miƱa nai. AĆnda hoxeĀ».