Xa son varias as ocasións nas que o programa Os Larpeiros da TVG contan con nos para amosar recunchos da repostería galega. E varias as ocasións nas que aproveitamos algunha das súas iniciativas para acompañalos. como por exemplo na presentación do libro «Onde mercan os Larpeiros» que presentou Tomás Alonso na nosa Vila e na que aproveitamos para agasallalo cun retrato de chocolate.

O pasádo sábado na antiga Praza de Abastos de Allariz os seguidores do programa Larpeiros desa comarca tiveron a oportunidade de conversar con Tomás Alonso, coautor xunto con Víctor López do libro sobre gastronomía Onde mercan os Larpeiros, e puideron coñecer algunha das apaixoantes historias persoais dos responsables da elaboración dalgúns dos produtos que aparecen no libro.

No acto, organizado pola librería Aira das Letras e Fina Rei, participaron o libreiro Carlos Airas, a propia Fina Rei e os seus fillos Miguel e Marcos Mosquera Rei. Estes dous últimos elaboraron diante do público un retrato de Tomás con chocolate branco e negro co que o agasallaron ao remate do acto.

http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=13333