Acceder

Unha receita tradicional convertida en produto ecolóxico

As galletas de nata ecolóxicas están elaboradas a partir dunha receita tradicional e son, ao mesmo tempo, un dos nosos produtos máis recentes e innovadores. Un bocado que nos fai viaxar ao pasado e que representa a aposta de Fina Rei polo futuro. 

Empregamos a receita tradicional das galletas que facían as nosas avoas coa nata que se sacaba do primeiro fervor do leite. Non se engade ningunha graxa que non estea presente de maneira natural na manteiga, na nata ou na améndoa que usamos para facelas. Precisamente é a améndoa a que lle dá o toque innovador ás galletas, xa que potencia e refina o sabor da nata. Están elaboradas de maneira tradicional e non levan ningún tipo de conservante, colorante nin aditivo.

Os ingredientes das galletas de nata ecolóxicas son 100% ecolóxicos e da máxima calidade. Están certificadas co selo do GRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia). 

Galletas de nata, de nata e framboesa e de nata e laranxa

Imaxe do produto pack de galletas de nata ecolóxicas de Fina Rei

Podedes escoller entre as galletas de nata orixinais, co sabor de sempre, ou atrevervos co toque cítrico que lle dá a laranxa ou o agridoce da framboesa. Con cal quedades? Se non queredes escoller, podedes optar polo noso pack de galletas ecolóxicas e probalas todas! Son un doce lixeiro e irresistible que, advertimos, ás veces desaparecen do seu envase sen explicación. 

Un envase biodegradable que se pode reutilizar como maceta soterrable

O envase das galletas de nata ecolóxicas é 100% biodegradable e está creado para que se poida reutilizar como maceta soterrable. Para iso enviamos, xunto coas galletas, unha bolsiña con sementes que imos cambiando. Neste momento (30 de maio do 2024) as sementes que estamos a enviar son de zinia (Zinnia elegans). 

Con este envase acelérase o proceso de degradación, desfrutamos do crecemento dunha nova pranta e conseguimos un produto de residuo cero.

Comparte!