Repostería artesanal elaborada en Allariz. Os produtos de Fina Rei, na túa tenda

Fina Rei é un obradoiro de repostería artesanal con máis de 50 anos de traxectoria. Estamos especializados na elaboración de doces da repostería tradicional de Allariz –Amendoados e Torta Real, entre outros–, bombóns e chocolates artesanais. O noso traballo está baseado no respecto pola tradición, pero tamén pola busca de novos camiños e a creación de produtos de calidade que sorprenden, sobre todo, polo seu sabor. O último exemplo: os lingotes da colección LEGATUM; unha maneira completamente nova de desfrutar do chocolate.

Estamos en moitas tendas de alimentación de dentro e fóra de Galicia. Gústanos formar parte do tecido do comercio local, das rutinas das persoas que mercan de maneira diferente e buscan produtos distintos. Hoxe presentámosche algúns dos doces de Fina Rei que poden formar parte dos estantes da túa tenda.

A esencia de Fina Rei: os doces da repostería tradicional de Allariz

Non podemos concebir os doces tradicionais de Allariz sen a súa principal protagonista: a améndoa. De feito, este ingrediente é o piar fundamental da nosa repostaría. Ademais, en Fina Rei utilizamos concretamente a améndoa marcona, que ten as mellores características organolépticas. 

Os amendoados de Allariz son unha auténtica delicia tradicional: crocantes por fóra e de textura suave por dentro, están feitos un a un a man no noso obradoiro con ingredientes 100% naturais e de calidade.

Moi similar aos améndoados de Allariz é a Torta Real, outro doce típico da nosa vila e que tamén ten unha orixe moi antiga. Cando metemos a masa no forno, este fai que a torta colla unha preciosa dor dourada no exterior, mentres que no interior medra un corazón esponxoso de améndoa.

Por último, se pensamos en sabores caseiros por excelencia, a torta de mazá é un clásico. Se ademais de repostería tradicional para a túa tenda tamén buscas doces caseiros, a nosa torta de mazá a Tentación de Eva é perfecta. Esta torta é a versión que creamos no noso obradoiro co obxectivo de dárlle unha volta á receita clásica. Así, mesturando texturas suaves e cremosas, a mazá e a manteiga combinan deliciosamente nunha masa follada sorprendendo pola súa delicadeza a quen a proba.

Galletas de nata ecolóxicas: descobre os tres sabores

As galletas de nata nacen dunha antiga receita tradicional que aproveita a nata do leite fervido. En Fina Rei, reproducimos esa antiga receita e incorporámoslle un factor innovovador como é a améndoa coa finalidade de refinar o seu sabor.

No noso obradoiro elaboramos tres sabores: nata, nata e framboesa e nata e laranxa. sendo todos os ingredientes 100% ecolóxicos certificados por CRAEGA e sen engadirlle ningunha graxa adicional que non exista xa nos propios ingredientes.

Por certo! O envase que contén estas galletas ecolóxicas é completamente biodegradable, para reducir todo o posible a pegada ecolóxica. De feito, foi creado para reutilizar como maceta soterrable no que introducir o sobre con sementes que acompaña ás galletas.

Un produto que abre e pecha o círculo e que encaixa moi ben con tendas de produtos orgánicos, ecolóxicos ou gourmet.

Lingotes de chocolate LEGATUM: un xeito diferente de desfrutar o chocolate

A colección LEGATUM é un exemplo de creatividade e innovación. Tras crear 5 esculturas de chocolate vinculadas ás diferentes etapas da vida, decidimos que era hora de dar un paso máis: achegar o sabor destas creacións nun formato diferente. Deste xeito, nacen cinco lingotes de chocolate dentro da colección. 

Estes lingotes teñen o mesmo nome que as esculturas de LEGATUM: Xénese, Agarimo, Díscolo, Odisea e Perenne. Cada lingote garda combinacións tales como mazapán e aceite de oliva, framboesa e pistacho ou ron e laranxa, pero sempre cun denominador común: o chocolate como nexo de unión. Un producto perfecto para tendas gourmet que buscan sorprender aos seus clientes.

O inicio da colección LEGATUM componse de cinco obras de arte creadas por cinco escultores galegos reproducidas en chocolate e recheas cos mesmos sabores que, agora, transformamos en forma de lingotes. Amais, a caixa de cada escultura convértese nunha cápsula do tempo na que gardar unha carta para ti ou para unha persoa querida do futuro.

Estoxo de músicos: moito máis que unha caixa de bombóns

No estoxo de bombóns Músicos atoparás bombóns de chocolate negro, chocolate con leite e chocolate branco que van combinados con froitos secos, froitos do bosque, gustos tropicais e flores. Un concerto de sabores realizados cos mellores ingredientes e, coma todas as nosas creacións, están elaboradas de xeito artesanal.

Como podes ver, en Fina Rei traballamos coa repostaría artesanal pero tamén temos unha gran vontade innovadora á hora de crear produtos que, ademais de ter un bo sabor, sorprendan e rompan a monotonía como é o caso do Estoxo de Músicos.  

A repostería artesanal non é só un produto: é unha experiencia, unha historia e unha forma de conectar co cliente final. En Fina Rei, traballamos con tendas gourmet, comercios de barrio e establecementos especializados en toda España, ofrecendo envío a domicilio e solucións adaptadas ao pequeno comercio.

Non dubides en contactar con nós ou chamar directamente no número de teléfono 988 440 416 e estaremos encantados de atenderte.

Comparte!