Que hai detrás do selo de Artesanía Alimentaria de Galicia en Fina Rei?

Para nós, a artesanía é a esencia mesma de Fina Rei e o noso xeito natural de traballar desde hai máis de 50 anos. Consiste en elaborar cada doce de forma manual, respectando os tempos e as técnicas tradicionais que forman parte da historia de Allariz.

Seguimos a escoller este camiño porque é a nosa maneira de protexer o que herdamos: un oficio, un saber facer e unhas receitas que gardan a memoria das nosas orixes. Cando traballas así, cada doce leva consigo algo máis que sabor; leva tempo, agarimo e historia.
Un aval externo para a túa tranquilidade.

Recentemente, Fina Rei recibiu a certificación oficial co selo de Artesanía Alimentaria de Galicia. Este recoñecemento vén poñer en valor e respaldar máis de 50 anos de dedicación constante á repostaría tradicional. Para ti ten un valor moi concreto: é un aval oficial de calidade, transparencia e confianza.

Cando mercas algún dos nosos produtos, este selo oficial de Artesanía de Galicia garánteche que detrás da túa caixa hai:

  • Procesos manuais e coidados: A certificación asegura a intervención directa e humana da persoa artesá nas fases clave do proceso, poñendo en valor o traballo feito á man.
  • Ingredientes seleccionados e fieis á receita orixinal: O selo garante que o sabor, a textura e a calidade veñan da selección dos ingredientes establecidos para cada elaboración, limitando o uso de aditivos e colorantes químicos.
  • Receitas feitas desde cero no obradoiro: Garántese a elaboración íntegra de cada preparación nas propias instalacións, evitando o uso de masas prefabricadas.
  • Unha produción limitada: A certificación establece límites ao volume de produción para manter a condición de elaboración artesanal.
  • Garantía oficial e transparencia: A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) e as entidades correspondentes avalan e supervisan o cumprimento dos requisitos establecidos para a certificación.

En definitiva, a certificación oficial é a confirmación de que o noso compromiso coas raíces segue máis vivo ca nunca. Unha garantía externa de que, cando abres un doce de Fina Rei, estás levando á túa mesa a repostería artesá de sempre.

Comparte!