Acceder

Xénese – Colección LEGATUM

80,00 

Xénese é a escultura de Acisclo Manzano interpretada en chocolate recheo de nube de abelá. Representa a etapa do nacemento, a sinfonía inaugural da vida, onde o silencio se rompe co vibrante eco do existir.

Xénese forma parte da colección LEGATUM, un viaxe sensorial polas cinco etapas da vida representadas a través de cinco pezas creadas por algúns dos máis recoñecidos escultores e escultoras galegos.

Cada peza de LEGATUM é un convite para reutilizar a caixa e crear a túa propia cápsula do tempo. Agasalla Xénese a alguén achegado a ti que tivera familia hai pouco para que poida escribir unha carta que o seu fillo ou filla lea no futuro.

Hai existencias

Queres saber máis?

Xénese é o resultado da fusión do traballo de creación do escultor Acisclo Manzano co traballo de repostería artesanal de Fina Rei. Repostería tradicional da que o chocolate é protagonista, e innovadora, coa meta sempre presente de crear pezas únicas e orixinais.

Xénese representa a etapa vital do nacemento. Forma parte da colección LEGATUM, unha metáfora da existencia na súa versión máis doce, na que percorrerás as cinco etapas da vida, as que xa viviches ou as que teñas aínda por descubrir. Cinco etapas representadas a través de cinco esculturas, creadas por algunhas e algúns dos escultores galegos máis destacados e interpretadas en chocolate por Fina Rei.

Escultura con sabor a chocolate, abelá e caramelo

Esta peza está feita de chocolate no seu exterior e nube de abelá no seu interior. O recheo amosa unha presenza visual harmónica cunha cor delicadamente caramelizada que invita á súa degustación.

O seu perfume é doce e envolvente, cun claro aroma a abelás tostadas complementado por notas de caramelo.

O seu sabor é equilibrado e harmonioso, xa que a súa dozura entrelaza as notas profundas e terrosas da abelá e a riqueza melosa do caramelo, conformando un aroma gustativo distintivo e elegante. A presenza da abelá e o caramelo aporta complexidade sen saturar o padal.

A súa textura é sumamente cremosa e imita ao veludo, garantindo unha experiencia sensorial chea de placer e luxo. O seu interior desintégrase suavemente na boca, liberando de forma progresiva os seus intensos sabores e asegurando que cada nota de sabor sexa apreciada na súa totalidade. Aínda que é suave, a textura é o suficientemente robusta para soster a riqueza do sabor, permitindo unha degustación completa e satisfactoria.

Acabouse o chocolate, comeza a túa historia

A caixa na que se presenta cada escultura de chocolate está pensada para ser reutilizada en forma de cápsula do tempo. Nela pódense incluír cartas, obxectos ou fotografías para redescubrir no futuro e, desta forma, un anaco do presente poderá levar ao mañá experiencias e emocións para rememorar momentos do pequeno ou pequena da familia.

O escultor Acisclo Manzano

Nado en Ourense en 1940, é un escultor galego que, despois de sesenta anos de actividade artística, mantén a súa especial relación co barro, a materia coa que se atopa feliz sentindo a humidade da terra, a orixe de todo. Ourense concédelle a Medalla de Ouro da Provincia e as súas esculturas forman parte de coleccións de numerosos museos e institucións de España e do paisaxe urbano das principais cidades de Galicia.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis de 50 anos a elaborar repostería tradicional de maneira artesanal ao mesmo tempo que apostamos pola innovación na creación de novos produtos, sendo meticulosos na elección das materias primas para que o sabor sexa o protagonista das nosas elaboracións.

INGREDIENTES: abelá, cobertura de chocolate 40% cacao (azucre, crema de cacao, leite en po, pasta de cacao, leite desnatado en po, emulxente: lecitina de soia), fariña de trigo e manteiga.

ALÉRXENOS: froito seco, leite e soia. Pode conter trazas de glute.

PESO: 425 gr.

CADUCIDADE: Consumo preferente 5 meses dende a elaboración do produto.

ENVÍOS E CONSERVACIÓN: todos os produtos de Fina Rei envíanse recentemente elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo. Conservar nun lugar fresco e seco lonxe da luz solar e humidades. Preservar de cambios bruscos de temperatura.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Xénese – Colección LEGATUM”