Acceder

Perenne – Colección LEGATUM

90,00 

Perenne é a escultura de Acisclo Novo interpretada en chocolate oliva e especias. Representa a etapa da vellez, o atardecer sereno, onde os reloxes do corpo susurran historias e o tempo tecido nas enrrugas sorrí sabiamente.

Perenne pertence á colección LEGATUM, un traxecto sensorial polas cinco etapas da vida representadas a través de cinco pezas creadas por algúns dos máis recoñecidos escultores e escultoras galegos.

Con cada peza de LEGATUM poderás transformar a caixa na que vén a obra nunha cápsula do tempo. Preséntase como unha oportunidade de albergar nela mensaxes e recordos para as xeracións futuras. Este xesto permite capturar emocións actuais, deixando un testigo que será redescuberto máis adiante por alguén que apreciamos, enchendo o futuro de recordos importantes do presente.

Hai existencias

Queres saber máis?

Perenne é o resultado da combinación do traballo creativo do escultor Acisclo Novo co traballo de repostería tradicional de Fina Rei. Repostería tradicional da que o chocolate é protagonista, e innovadora, coa meta sempre presente de crear pezas únicas e orixinais.

Perenne simboliza a ancianidade. Esta peza pertence á colección LEGATUM, un traballo no que percorrerás cinco etapas da vida na súa versión máis doce. Estas cinco fases están representadas a través de cinco esculturas, creadas por algunhas e algúns dos escultores galegos máis destacados e interpretadas en chocolate por Fina Rei.

Experiencia con sabor a chocolate con leite, aceite de oliva e especias

Esta impoñente escultura realizada por Acisclo Novo posúe no seu interior un aspecto brillante e suave, prometendo unha experiencia gustativa rica e complexa. O chocolate con leite outorga un ton cálido e acolledor que invita a explorar máis.

O aroma é un preludio que combina o olor doce e cremoso do chocolate con leite, o toque distintivo do aceite de oliva e as notas especiadas do pumpkin spice, creando unha sinfonía olfativa intrigante e atractiva.

O sabor é unha celebración de equilibrio e complexidade. A fusión do chocolate con leite e o aceite de oliva crea unha base rica e cremosa que se ve realzada polo toque da canela, o xenxibre, a pementa de Xamaica e as demais especias.

A textura é perfecta, proporcionando unha sensación suave e sedosa no padal que permite desplegar cada sabor nunha secuencia completa, onde cada ingrediente ten o seu matiz.

Acabouse o chocolate, comeza a túa historia

A caixa na que se presenta cada escultura de chocolate está pensada para ser reutilizada en forma de cápsula do tempo. Neste espazo é posible gardar unha mensaxe para os nosos seres queridos, que sexa lida nun momento futuro que escollamos, acompañada de fotos ou obxectos especiais. Desta forma, o presente quedará gardado, permitindo que os recordos se revivan no futuro.

O escultor Acisclo Novo

Nado en Ourense en 1970, compaxina a súa actividade artística con traballos dentro do mundo do deseño industrial, prototipos, obxectos singulares e construción efímera.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis de 50 anos a elaborar repostería tradicional de maneira artesanal ao mesmo tempo que apostamos pola innovación na creación de novos produtos, sendo meticulosos na elección das materias primas para que o sabor sexa o protagonista das nosas elaboracións.

INGREDIENTES: cobertura de chocolate 71% cacao (pasta de cacao, azucre, manteca de cacao, emulxente: lecitina de soia), cobertura de chocolate con leite 40% (azucre, manteca de cacao, leite en po, pasta de cacao, leite desnatado en po, emulxente: lecitina de soia), aceite de oliva virxe extra, cacao en po descremado, pumpkin spice (xenxibre, clavo, canela, noz moscada e pementa de Xamaica), sal rosa, lecitina de xirasol.

ALÉRXENOS: Leite e soia. Contén trazas de froitos secos e glute.

PESO: 600 gr.

CADUCIDADE: Consumo preferente 5 meses dende a elaboración do produto.

ENVÍOS E CONSERVACIÓN: todos os produtos de Fina Rei envíanse recentemente elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo. Conservar nun lugar fresco e seco lonxe da luz solar e humidades. Preservar de cambios bruscos de temperatura.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Perenne – Colección LEGATUM”