Odisea xurde de combinar o labor creativo do escultor Xosé Cid co traballo de repostería tradicional de Fina Rei. Repostería tradicional da que o chocolate é protagonista, e innovadora, coa meta sempre presente de crear pezas únicas e orixinais.
Odisea encarna a vida adulta. Esta peza está incluída na colección LEGATUM, que constrúe un percorrido a través dos sentidos por cinco etapas da vida. Estas fases, que se puideron desfrutar ou poida que aínda estean pendentes de descubrir, están representadas en cinco esculturas, feitas por algúns dos escultores galegos máis destacados e interpretadas en chocolate por Fina Rei.
Escultura de marrón glacé con ron e laranxa
O aspecto da crema do licor con marrón glacé desta peza fai que presente unha estética visualmente atractiva, cun ton homoxéneo e un brillo sutil que invita a súa degustación.
O olfato vese invadido por notas suaves de ron que se entrelazan harmonicamente co sabor doce do marrón glacé e os toques cítricos da laranxa confitada. Así, créase unha sinfonía olfativa que excita e prepara o padal para unha experiencia gustativa.
O balance do sabor é excepcional. O ron, a laranxa e o marrón glacé converxen nunha danza de sabores que se mesturan sen taparse mutuamente. O alcol do ron é evidente pero non abrumador, aportando corpo e complexidade, deixando un retrogusto pracenteiro na boca, mentres que a laranxa confitada brinda un contrapunto cítrico que realza o perfil xeral do recheo.
A textura é un triunfo notable: é suave e cremosa, permitindo unha liberación gradual e constante dos distintos compoñentes de sabor no padal. Cada ingrediente síntese distintivo, pero harmoniza marabillosamente o conxunto cohesivo que aporta plenitude á experiencia de degustación.
O final é prolongado, deixando un retrogusto agradable onde perduran as notas de ron e o sabor doce do marrón glacé, cun suave eco de laranxa confitada.
Acabouse o chocolate, comeza a túa historia
A caixa na que se presenta cada escultura de chocolate está pensada para ser reutilizada en forma de cápsula do tempo. Este cofre ofrece a posibilidade de almacenar mensaxes para ser lidas no futuro, tanto por un mesmo como por outra persoa especial, acompañadas doutros recordos como obxectos ou fotografías. Desta forma, o presente pode ser trasladado ao futuro, compartindo vivencias e sentimentos que permitirán reflexionar sobre como se foi construíndo o noso camiño.
O escultor Xosé Cid
Nado en Santa Cruz de Rábeda (San Cibrao das Viñas, Ourense) en 1946, a súa carreira foi recoñecida co Primeiro Premio Mestre Mateo e coa terceira medalla da Trienal de Santiago de Compostela. É un artista autodidacta que formou parte de Os Artistiñas, grupo de creadores ourensáns bautizados con ese nome por Vicente Risco a comezos dos anos 70, e do colectivo O Volter. Os seus traballos pódense ver en espazos públicos como o Parque Escultórico da Torre de Hérculos (A Coruña), o Pazo de Vilar Arin (Ourense), a Plaza Paz Nóvoa (Ourense), a Iglesia de Santa Eufemia de Ourense ou no Instituto de Carboquímica do CSIC de Zaragoza, entre outros. As súas obras están inspiradas na figura humana e adoitan ser de bulto redondo, potenciando a masa, a verticalidad e a solidez.
O bo facer de Fina Rei
Levamos máis de 50 anos a elaborar repostería tradicional de maneira artesanal ao mesmo tempo que apostamos pola innovación na creación de novos produtos, sendo meticulosos na elección das materias primas para que o sabor sexa o protagonista das nosas elaboracións.
INGREDIENTES: cobertura de chocolate 71% cacao (pasta de cacao, azucre, crema de cacao, emulxente: lecitina de soia), cobertura chocolate branco 31% (azucre, crema de cacao, leite desnatado en po, manteiga anhidra, lecitina de soia), marrón glacé, Ron (37,5% Vol), laranxa confitada, xarabe de glucosa, sorbitol, manteiga de cacao, lecitina de xirasol, goma guar.
ALÉRXENOS: Leite, soia e sulfitos. Contén trazas de froitos secos e glute.
PESO: 370 gr.
CADUCIDADE: Consumo preferente 5 meses dende a elaboración do produto.
ENVÍOS E CONSERVACIÓN: todos os produtos de Fina Rei envíanse recentemente elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo. Conservar nun lugar fresco e seco lonxe da luz solar e humidades. Preservar de cambios bruscos de temperatura.
AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.