Lingote Perenne – Colección LEGATUM

14,00 

O Lingote Perenne é unha combinación delicada de chocolate, aceite de oliva virxe extra galego, mazapán e especias. Producindo unha sensación intensa e profunda ao degustalo, este lingote está baseado na escultura Perenne de Acisclo Novo para LEGATUM.

A peza está recuberta de chocolate 70% sendo a última do grupo de lingotes que versionan  as esculturas comestibles de LEGATUM. Esta colección representa en cinco figuras de chocolate cada unha das etapas da vida que experimentamos os seres humanos. A serie de lingotes de Fina Rei ofrece unha nova forma de probar o chocolate grazas ao seu bo facer e capacidade de innovación.

Fina Rei amosa aquí a súa experiencia e coidado na elaboración, seguindo un camiño que conecta tradición e creatividade e que non deixa indeferente a quen o proba.

Hai existencias

Queres saber máis?

A dedicación e a experiencia que outorgan décadas de traballo ás creacións de Fina Rei están presentes no lingote Perenne. Esta elaboración de chocolate, nace da escultura homónima de Acisclo Novo en LEGATUM. A combinación dos ingredientes está pensada para preservar e realzar a calidade do seu sabor: unha invitación para gozalo con tranquilidade e atención.

Un bocado de Nadal, para todos os días do ano

O lingote Perenne combina a suavidade do chocolate coa riqueza do aceite de oliva virxe extra galego e a textura do mazapán. As especias (xenxibre, canela, clavo, noz moscada e pementa de Xamaica) engaden matices cálidos e aromáticos.

Cando saboreamos este doce, cada elemento transmite unha sensación diferente: o chocolate negro que recobre o lingote contrasta deliciosamente co chocolate con leite do interior; o aceite de oliva galego outorga unha nota afroitada; o mazapán dá consistencia e riqueza á textura e as especias poñen unha orixinal guinda final. Cada bocado é un paseo pausado para desfrutar coma nunca. 

A tonalidade cálida e o brillo delicado do lingote convidan á contemplación antes da degustación, facendo que cada instante de sabor sexa un experiencia única que se vive cos cinco sentidos.

Legatum como punto de partida

Fina Rei continúa innovando para seguir impresionando coas súas elaboracións artesanais. A colección Legatum é un referente na arte chocolateira da casa e os lingotes continúan este camiño. Cada escultura conecta co seu lingote grazas ao ingrediente estrela de Fina Rei: o chocolate. Así, as cinco etapas da vida que representa cada escultura de Legatum teñen tamén un punto de referencia nos lingotes correspondentes a cada peza da colección.

A artesanía de Fina Rei

Máis de cinco décadas elaborando repostería tradicional de xeito artesanal sen deixar de lado a experiemtnación da innovación para a creación de novos produtos que impresionen. A nosa meticulosidade na elección das materias primas define o protagonismo do sabor nas nosas elaboracións. 

INGREDIENTES: cobertura de chocolate 40% cacao (azucre, crema de cacao, leite en po, pasta de cacao, leite descremado en po, emulxente: lecitina de soia), aceite de oliva virxe extra de orixe galego, améndoa, azucre, cobertura de chocolate 71% cacao (pasta de cacao, azucre, crema de cacao, emulxente: lecitina de soia), cacao en po descremado, “pumpkinspice” (xenxibre, clavo, canela, noz moscada, pementa de Xamaica), sal rosa, lecitina de xirasol.

PESO: 200gr

ALÉRXENOS: froitos de casca, lácteos, lecitina de soia.

CADUCIDADE: 5 meses.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI: No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen custe engadido, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Lingote Perenne – Colección LEGATUM”