A dedicación artesanal de Fina Rei é o corazón das súas creacións: cada elaboración respira gusto, precisión e atención aos detalles. No Lingote Odisea, a fusión do chocolate branco coa laranxa, a améndoa e o ron dá lugar a un doce que convida a ser descuberto sen présa.
O equilibrio perfecto entre chocolate, laranxa, améndoa e ron
Inspirado na obra de Xosé Cid para Legatum, Odisea, este lingote combina a rica textura do chocolate branco coa calidez da améndoa e a intensidade aromática da laranxa confitada, mentres o ron aporta un corpo que realza o conxunto. A súa tonalidade brillante e o seu doce aroma invita a desfrutalo cos cinco sentidos.
O sabor é profundo e harmonioso grazas á personalidade do ron e da laranxa. Pola súa parte, o chocolate branco e a améndoa dan suavidade e dozura. Cada ingrediente mantén a súa identidade, mais conflúen nunha coincidencia cremosa e de matices variados.
A textura é sedosa e envolvente, permitindo que cada nota de gusto emerxa de forma gradual. O acabado limpo e elegante convida a unha degustación pausada, na cal o padal viaxa través dos sabores.
Legatum como punto de partida
Legatum continúa expandido o seu universo grazas ao saber facer de Fina Rei. Así, estes lingotes son un formato innovador que prosiguen o camiño das esculturas de Soledad Penalta, Acisclo Novo, Acisclo Manzano, Arturo Andrade e Xosé Cid. Fina Rei conxuga tradición e vangarda para ofrecer unhas pezas de chocolate que non só se degustan, senón que tamén se contemplan e se senten.
A artesanía de Fina Rei
Máis de cinco décadas elaborando repostería tradicional de xeito artesanal sen deixar de lado a experiementación da innovación para a creación de novos produtos que impresionen. A nosa meticulosidade na elección das materias primas define o protagonismo do sabor nas nosas elaboracións.
INGREDIENTES: chocolate branco 31% cacao (azucre, crema de cacao, leite descremado en po, manteiga anhidra, lecitina de soia), améndoa, manteiga anhidra, laranxa confitada, ron (37,5% Vol.) e sal.
PESO: 200gr
ALÉRXENOS: froitos de casca, lácteos, lecitina de soia.
CADUCIDADE: 5 meses.
ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.
AGASALLA FINA REI: No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen custe engadido, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.