Lingote Díscolo – Colección LEGATUM

14,00 

Baixo dunha cobertura de chocolate negro do 71%, o Lingote Díscolo esconde o sabor vibrante das froitas tropicais e a suavidade do chocolate branco. Esta peza, herdeira da escultura Díscolo de Arturo Andrade para LEGATUM, é unha invitación para degustar os frescos contrastes entre o doce e o afroitado.

Fina Rei estende o universo de Legatum coa creación de cinco lingotes de chocolate exclusivos. Cos seus sabores e texturas, estes doces corresponden a cada unha das esculturas da colección, realizadas polos artistas galegos Acisclo Manzano, Soledad Penalta, Arturo Andrade, Xosé Cid e Acisclo Novo. 

O Lingote Díscolo reflicte a vontade de innovación de Fina Rei e a súa capacidade para misturar ingredientes de calidade e crear sabores únicos e inesquecibles.

Hai existencias

Queres saber máis?

A artesanía continúa sendo o fío condutor da traxectoria de Fina Rei: cada elaboración nace do coidado minucioso e da selección rigorosa dos ingredientes. O lingote Díscolo amosa estes valores explorando formas sorprendentes e novidosas coas que saborear o chocolate.

Chocolate branco, mango e froita da paixón: un baile entre o clásico e a intensidade tropical

O sabor do Lingote Díscolo comeza coa intensidade do chocolate 71%, segue coa suavidade dun recheo cálido e algre de mango e froita da paixón e remata coa harmonía do chocolate branco. As notas cítricas das froitas son representadas pola cor luminosa do interior do lingote. 

A frescura desta peza de chocolatería artesá procede da dozura do mango mentres que a froita da paixón introduce unha acidez perfumada ao lingote. As notas lácteas do chocolate branco completan a experiencia de sabor, equilibrando a intensidade afroitada cun matiz cremoso.

A textura do lingote é uniforme e delicada, desprazándose con agarimo no padal. A súa aparencia, marcada polo contraste entre o chocolate escuro e o interior brillante, invita a admiralo mentres se degusta lentamente.

Legatum como punto de partida

Fina Rei traballa día a día para ofrecer calidade, tradición e creatividade. Un exemplo destes valores son os lingotes de Legatum, ligados a cada unha das esculturuas que conforman a exclusiva colección e que non só se saborea, tamén se admira.

A artesanía de Fina Rei

Máis de cinco décadas elaborando repostería tradicional de xeito artesanal sen deixar de lado a experimentación da innovación para a creación de novos produtos que impresionen. A nosa meticulosidade na elección das materias primas define o protagonismo do sabor nas nosas elaboracións.

INGREDIENTES: cobertura de chocolate 71% cacao (pasta de cacao, azucre, crema de cacao, emulxente: lecitina de soia), chocolate branco 31% cacao (azucre, crema de cacao, leite descremado en po, manteiga anhidra, lecitina de soia), puré de mango, puré de froita da paixón, manteiga de cacao, azucre invertido e glucosa.

PESO: 200gr

ALÉRXENOS: froitos de casca, lácteos, lecitina de soia.

CADUCIDADE: 5 meses.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI: No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo custe engadido, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Lingote Díscolo – Colección LEGATUM”