Lingote Agarimo – Colección LEGATUM

16,50 

O Lingote Agarimo destaca polo seu sabor doce e vibrante. A combinación do chocolate rubí coa frescura da framboesa e a personalidade do pistacho dá lugar a un gusto cheo de matices. Fina Rei introduce aquí unha visión creativa que une sabores e emocións, ampliando as marxes da arte chocolateira.

Inspirado na escultura Agarimo de Soledad Penalta para a colección LEGATUM, este lingote reformula a esencia da peza escultórica mediante o chocolate, convertendo cada ingrediente nunha excepcional sensación para o padal.

Así, Fina Rei traballa creativa e artesanalmente para ofrecer outros xeitos de experimentar o chocolate de cada escultura de LEGATUM. O Lingote Agarimo é un reflexo da escultura homónima desta colección que consta doutras catro pezas orixinais de chocolate que, á súa vez, representan as diferentes etapas da vida.

Hai existencias

Queres saber máis?

A tradición artesá de Fina Rei asina este lingote de chocolate, elaborado co máximo esmero. A esencia da escultura Agarimo de Soledad Penalta móstrase neste doce que demostra a vontade innovadora de Fina Rei para ofrecer novas formas de conectar coa artesanía chocolateira.

Un encontro de chocolate rubí, pistacho e framboesa

Este lingote de chocolate inspirado na escultura Agarimo de Soledad Penalta para Legatum, constrúese a partir da singularidade do chocolate rubí e a intensidade afroitada da framboesa, acompañados pola textura delicada do pistacho. A tonalidade rosada do seu interior desvela unha experiencia de sabor onde se entrelazan a frescura e a dozura.

O sabor do lingote desprende unha personalidade alegre: o chocolate rubí achega notas afroitadas e lixeiramente cítricas, a framboesa engade frescor e o pistacho aporta un matiz suave, profundo e levemente tostado. Cada bocado transmite particulares sensacións que desmostran o saber facer de Fina Rei no eido da arte da chocolatería.

A textura é cremosa e delicada, fluíndo con suavidade e liberando os aromas pouco a pouco. A súa aparencia, marcada pola cor rosada do chocolate rubí e os matices verdes do pistacho, lembra á dozura da propia escultura Agarimo de Soledad Penalta. A forma limpa e coidada do lingote convida a deterse un intre para observalo antes demorder, converténdoo nunha experiencia que abrangue todos os sentidos.

Legatum como punto de partida

Co propósito de explorar os sabores de Legatum dunha forma diversa, Fina Rei decide crear estes lingotes estando cada un deles ligado a unha escultura da colección. Fina Rei une así tradición e novidade nun produto pensado para degustar pero tamén para contemplar.

A artesanía de Fina Rei

Máis de cinco décadas elaborando repostería tradicional de xeito artesanal sen deixar de lado a experimentación da innovación para a creación de novos produtos que impresionen. A nosa meticulosidade na elección das materias primas define o protagonismo do sabor nas nosas elaboracións. 

INGREDIENTES: chocolate Rubí 47.3% cacao (azucre, crema de cacao, leite decremado en po,  leite enteiro en po, pasta de cacao, lecitina de soia, acedume: ácido cítrico, aroma natural de vainilla), pistacho, framboesa, cobertura de chocolate 71% cacao (pasta de cacao, azucre, crema de cacao, emulxente: lecitina de soia) fariña de trigo, azucre, manteiga e sal.

PESO: 200gr

ALÉRXENOS: froitos de casca, lácteos, lecitina de soia.

CADUCIDADE: 5 meses.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI: No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen custe engadido, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Lingote Agarimo – Colección LEGATUM”