Acceder

Díscolo – Colección LEGATUM

90,00 

Díscolo é a escultura de Arturo Andrade interpretada en chocolate recheo de mango e froita da paixón. Representa a etapa da adolescencia, labirinto de bolboretas inquedas, onde as ás do descubrimento danzan entra a incertidume e a esperanza.

Na colección LEGATUM, da que forma parte Díscolo, preséntase unha viaxe inmersiva por cinco fases da vida, xa desfrutadas ou aínda por experimentar, representadas mediante cinco obras creadas por algúns dos máis destacados escultores e escultoras galegos.

A caixa que contén a peza de LEGATUM pódese converter nunha cápsula do tempo. A través dela, pódese gardar unha parte do presente convertido en notas, fotografías ou obxectos e conservar as emocións e vivencias actuais de forma que sexan redescubertas máis adiante, nunha data que se elixa do futuro, por alguén especial.

Hai existencias

Queres saber máis?

Díscolo nace da combinación do talento do escultor Arturo Andrade e a repostería tradicional de Fina Rei. Repostería tradicional da que o chocolate é protagonista, e innovadora, coa meta sempre presente de crear pezas únicas e orixinais.

Díscolo representa a etapa vital da adolescencia. Está incluído na colección LEGATUM, que representa unha viaxe sensorial única. Nesta colección, cinco prestixiosos escultores e escultoras galegos representan as cinco etapas da vida a través das súas obras e son interpretadas en chocolate por Fina Rei.

Escultura de chocolate con frescura tropical

O recheo desta peza presenta unha apariencia suave e consistente, cun brillo sutil que reflexa a calidade do chocolate branco empregado.

Emite aromas exquisitamente tropicais, onde o mango e o maracuyá se combinan para proporcionar un olor frutal distintivo, complementado polo doce aroma do chocolate branco.

O sabor é predominantemente afroitado, o mango e o maracuyá fanse notar ao instante, brindando unha explosión de frescura tropical. As notas lácteas do chocolate branco aportan un perfecto contrapunto, equilibrando e suavizando a experiencia degustativa.

A textura suave e homoxénea é un deleite para o padal, permitindo que os sabores se mesturen de forma uniforme e proporcionando unha experiencia sensorial completa.

Acabouse o chocolate, comeza a túa historia

A caixa que acompaña cada escultura de chocolate está deseñada para ser reutilizada como cápsula do tempo, perfecta para gardar recordos que alguén importante para nós atopará nunha data fixada do futuro. Pódense incluír imaxes, mensaxes ou pequenos obxectos, conservando así aqueles momentos únicos, neste caso da adolescencia, vividos con familiares e amigos, que serán rememorados e valorados tamén no futuro.

O escultor Arturo Andrade

Nado en Outeiro de Orraca (Allariz, Ourense) en 1956, leva creando esculturas e pinturas dende os anos oitenta, momento no que descobre a súa paixón. Ao longo dos anos, foise interesando polo mundo dos instrumentos e elabora de forma artesá violíns, violas e demais instrumentos. Destaca no seu traballo a combinación de aristas, planos e curvas, nas expresións en bronce. Realizou murais en cerámica, barro e pedra en diversas institucións e edificios de Galicia e ten obras en museos de Pontevedra, Bello Piñeiro de Ferrol, Internacional de Arte Naif de Xaén e no museo instalado ao aire libre no ámbito da torre de Hércules, en A Coruña.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis de 50 anos a elaborar repostería tradicional de maneira artesanal ao mesmo tempo que apostamos pola innovación na creación de novos produtos, sendo meticulosos na elección das materias primas para que o sabor sexa o protagonista das nosas elaboracións.

INGREDIENTES: cobertura de chocolate 71% cacao (pasta de cacao, azucre, crema de cacao, emulxente: lecitina de soia), cobertura chocolate branco 31% (azucre, crema de cacao, leite desnatado en po, manteiga anhidra, lecitina de soia) puré de mango, puré de maracuyá, azucre invertido, dextrosa, lecitina de xirasol.

ALÉRXENOS: Leite e soia. Pode conter trazas de froitos secos e glute.

PESO: 550 gr.

CADUCIDADE: Consumo preferente 5 meses dende a elaboración do produto.

ENVÍOS E CONSERVACIÓN: todos os produtos de Fina Rei envíanse recentemente elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo. Conservar nun lugar fresco e seco lonxe da luz solar e humidades. Preservar de cambios bruscos de temperatura.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Díscolo – Colección LEGATUM”