Nesta colección de bombóns, o pracer do chocolate convértese en arte. Cada peza está elaborada con ingredientes seleccionados de primeira calidade para ofrecer unha experiencia delicada e memorable.
Ao probar un, o chocolate fúndese na boca, liberando matices doces e cremosos que envolven o padal. Detrás de cada variedade hai unha pequena historia de sabor: a intensidade elegante da gianduja de pistacho, a frescura tropical da froita da paixón, a textura envolvente do praliné de améndoa, o exótico equilibrio do curry e o coco, o aroma profundo da gianduja de café.
Cada bocado é unha invitación a deter o tempo, a gozar da suavidade e do contraste, a deixar que o chocolate se desfaga lentamente revelando capas de sabor.
Como o libro que a inspira, esta colección está feita para ser degustada con calma, para saborear corpo e alma, e para quedar —coma unha boa historia— gravada na memoria.
O sabor da cultura: homenaxe a O porco de pé
Nesta colección, arte e sabor conflúen nun mesmo estoxo. As obras do pintor e gravador Xabier Varela (Allariz, 1970), inspiradas na novela O porco de pé de Vicente Risco, considerada a primeira novela moderna da literatura galega, dan vida a unha serie de caixas de bombóns que celebran a creatividade galega en tres linguaxes distintas: a literatura, a pintura e a repostería.
Artista autodidacta cunha ampla traxectoria experimental, Varela combina técnicas tradicionais e contemporáneas para explorar a paisaxe, a memoria e a materia. As súas obras, reproducidas nestes estoxos, forman parte da exposición permanente da Fundación Vicente Risco en Allariz e agora poderán formar parte da decoración do teu fogar.
Con esta colección, Fina Rei une a arte e o pracer gastronómico nun diálogo que busca satisfacer corpo e alma. Podes consultar as diferentes láminas – A Casa das citas, Café Novelty, A Política, Don Celidonio alcalde, Golpe de Estado, Don Celidonio carniceiro, A Nicasia, O Doutor Alveiros e Os sindicalistas – antes de facer o teu pedido.
O bo facer de Fina Rei
Levamos máis de 50 anos traballando para traerche unha repostería artesá elaborada con produtos tradicionais de gran calidade que conseguen converter exquisitos sabores en experiencias únicas.
INGREDIENTES:
- Bombón de gianduja de pistacho: chocolate branco 31% (azucre, manteiga de cacao, leite desnatado en po, manteiga anhidra, lecitina de soia), nata, pistacho, manteiga de cacao, ron (37,5 Vol.), azucre invertido e sal.
- Bombón de froita da paixón: chocolate branco 31% (azucre, manteiga de cacao, leite desnatado en po, manteiga anhidra, lecitina de soia), puré de froita da paixón, manteiga de cacao, azucre invertido e glucosa.
- Bombón de praliné de améndoa: améndoa, cobertura de chocolate con leite 40% cacao (azucre, manteiga de cacao, leite en po, pasta de cacao, leite desnatado en po, emulxente: lecitina de soia), azucre, manteiga de cacao, manteiga anhidra, vainilla.
- Bombón de Curry e coco: chocolate branco 31% (azucre, crema de cacao, leite desnatado en po, manteiga anhidra, lecitina de soia), puré de coco, manteiga de cacao, glucosa, azucre invertido, curry e sal.
- Bombón de gianduja de café: Abelá, cobertura de chocolate con leite 40% (azucre, manteiga de cacao, leite en po, pasta de cacao, leite desnatado en po, emulxente: lecitina de soia), manteiga anhidra e sal.
ALÉRXENOS: Froitos de casca, leite, soia.
PESO: 250 gr.
CADUCIDADE: 3 meses desde a recepción do produto.
ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.
AGASALLA FINA REI: No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.